O comité de Bioloxía e Farmacia organiza unha conferencia sobre a minaría e as súas consecuencias ambientais este próximo mércores, 6 de marzo, ás 19:30h na Facultade de Bioloxía do Campus de Santiago.
Este acto sobre esta problemática ambiental actual en Galiza terá lugar na aula 3 e contará coa presenza de Serafín González Prieto, Presidente da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN)
Non dubides en achegarte a esta conferencia!














