A PP aproba os Orzamentos malia o rexeitamento unánime da comunidade educativa

O Parlamento Galego aprobou, só cos votos do Partido Popular, uns orzamentos antisociais e que atentan contra os servizos públicos e, nomeadamente, contra o ensino.Durante o día de onte e a mañá de hoxe, a comunidade universitaria sumouse ao rexeitamento ante uns Orzamentos que hipotecarán o futuro do ensino público nunhas concentracións nas que os Comités participamos activamente.

Ao longo desta semana, os Comités editamos unha pequena publicación na que analizamos as consecuencias duns Orzamentos que supoñen un recorte de 6,5% en relación ao 2012, un 17% se os comparamos con 2009 e que, a rasgos xerais, supoñen retroceder 8 anos a niveis orzamentarios.

A totalidade da comunidade universitaria rexeitou durante este luns e martes o rexeitamento ante estes con importantes mobilizacións, principalmente na Coruña e en Santiago de Compostela, en contra dun Orzamentos que o Partido Popular vén de impor no Parlamento Galego.

Aquí vai unha pequena galería de imaxes das mobilizacións da Coruña e de Santiago.