A UVIGO é cómplice da salvaxe mina de Corcoesto

Os Comités esixímoslle á Universidade de Vigo que rache inmediatamente co convenio de colaboración que vén de asinar coa empresa responsábel da salvaxe e perigosa mina de cianuro que se pretende instalar en Corcoesto, na comarca de Bergantiños, coa complicidade da Xunta de Galiza. Bótalle aquí un ollo ao Comités-Informa difundido polos Comités nos Campus de Vigo, Ourense e Pontevedra:

Preme na imaxe para ver o Comités-Informa

Deste xeito, desde os Comités queremos denunciar como a Universidade de Vigo é cómplice, mediante o convenio de colaboración asinado por Salustiano Mato, Reitor da mesma, para a extracción mineira de Corcoesto; unha barbaridade que ocupará case 800 hectáreas e que afectará aos municipios de Cabana, Ponteceso e Coristanco.

Non queremos a UVIGO cómplice do atentado ecolóxico da mina de Corcoesto

A Universidade de Vigo está a ser cómplice dunha megaminaría contaminante que prevé asentarse con moita forza na Galiza. Deste xeito, a mina de Corcoesto non producirá absolutamente nada posto que se trata de extraer ouro para especular en Canadá con el e, pola contra, contaminará enormemente unha gran cantidade de auga con cianuro, provocará unha importante expropiación do monte e virá acompañada dun almacenamento descontrolado de residuos perigosos.