á portada


á portada

envíanos un correo

imprimir

voltar


Os CAE opómosnos a Lei Orgánica de Educación

Os Comités Abertos de Estudantes (CAE) vimos de manifestar o noso rexeitamento ao anteproxecto de Lei Orgánica da Educación (LOE) proposto polo goberno español. Para os CAE, o modelo non só non soluciona as carencias do ensino público galego (que existen e son moitas), senón que moitas das "novidades" introducidas son claramente regresivas.

Manifestación en Nacional en Compostela contra a Lei Organica de Calidade da Ensinanza
En concreto, os CAE pregúntanse até onde pode chegar a hipocrisía dun PSOE que di suprimir os itinerarios mentres existirán na práctica en 4º de ESO e tamén se poderán desdobrar aulas en distintos grupos segundo os niveis, en perfecta continuidade coa segregación proposta -e imposta- polo PP. Implántanse dúas reválidas e mantense a selectividade, e reafírmase o compromiso co ensino concertado.


Outros dos aspectos máis controvertidos da LOCE, como a elección dos directores pola administración, manteñense na práctica, e mesmo se baleiran competencias do Consello Escolar.


Por último, os CAE denuncian unha nova "recentralización educativa", na que se volven invadir competencias galegas coa desculpa de potenciar a "cohesión territorial". E xa sabemos como entenden en Madrid este termo...