á portada


á portada

envíanos un correo

imprimir

voltar


Os Comités Abertos de Estudantes facemos un chamamento ao estudantado galego a acudir o próximo 28 de Abril, á concentración convocada pola sección de ensino da CIG, para mostrar o noso rexeitamento ante a imposición do Anteproxecto de Decreto que estabelecerá o Bacharelato e o currículo galego, e que entraría en vigor no próximo curso académico.

O estudantado é o principal prexudicado ante esta imposición da Consellería de Educación, e que, como en ocasións anteriores, esta mesma segue facendo ouvidos xordos ás nosas peticións, e desta volta, tamén ás peticións do profesorado galego, rexeitando todas as emendas que presentou sindicato maioritario no sector, a CIG-Ensino.

Polo que os Comités Abertos de Estudantes, apoiamos todas as reinvindicacións da CIG-Ensino, tomando a súa loita como propia, facendo un chamamento ao estudantado galego a acudir as súas mobilizacións.

IMPOSICIÓN NON! NEGOCIACIÓN!