|
IX Asemblea Nacional
Tras varios anos sen ningún tipo de
organismos de dirección a nivel nacional, os e as militantes
dos CAE acordamos que xa era hora de volver a dotarnos dunha nova
estrutura firme e consolidada para erguer a nosa organización
e traballar con todas as nosas forzas i enerxía pólo
noso ensino. De aquí a celebración da nosa IX Asemblea
Nacional, que terá lugar o vindeiro 17 de Marzal na cidade
olívica de Vigo.
Os nosos obxectivos son moi simples, e nada alonxados
dos acordos tomados en anteriores Asembleas Nacionais.
Nesta nova era de asociacionismo estudantil, pularemos por fortalecer
a organización a nível nacional pero sobre todo nas
cidades e comarcas, xa que o noso obxectivo para este novo período
será traballar arreo nas localidades(eixo fundamental para
o bo desenrolo e achegamento do estudantado aos CAE), constituírnos
tamén en todas as cidades e comarcas onde actualmente non
temos presenza, recuperar os comités de centro (básicos
e importantísimos á hora do contacto con o estudantado),
recuperar todo tipo de publicacións como o CAE-Informa e
nova editación de panfletos e demais trípticos que
nos axuden a darnos a coñecer sumando así a máxima
xente posíbel para loitar por un ensino adecuado ás
nosas demandas, galego, democrático, plural e libre de entes
españolizadores que oprimen o noso desenrolo como Nación.
Comezamos esta nova era con moita forza e ilusión
e con esperanzas de non repetir vellos patróns grazas a unha
total renovación da organización e experiencia adquirida
de erros anteriores.
Orde do dia
12.00-13.00 Acreditacións e apertura
13:20 Debate informe de xestión e orde do dia
13:40 Debate das teses
15:00 Xantar
16:00 Debate das teses
17:30 Debate dos estatutos
18.00 Debate sobre a unificación cos CAF-CAEF
18.45 Eleizón dos membros dos organismos e representantes
no Consello escolar de Galiza
19:00 Clausura
|