á portada


á portada

envíanos un correo

imprimir

voltar


Non ao préstamo de pago

No Proxecto de Lei da Lectura, do Libro e das Bibliotecaspresentado en marzo deste ano no Congreso inclúe o establecemento dun canon porpréstamo biblitecario de 0´20 € por libro. Esta medida, baseada nos dereitos deautor derivados da propiedade intelectual segue os criterios dunha Directivaeuropea de 1992, en base a cal o Tribunal de Xustiza da UE condenou a Españapor abusar do seu dereito a eximir deste pago a “determindas categorías deestablecementos”, dereito que utilizara o Ministerio de Cultura para nonaplicar até o de agora o canon. Por outra banda o Goberno asegura que préstamonon recaerá sobre o usuario, senón que se encragará o Estado de pagalo. Isto éunha falacia, posto que é cidadanía mediante os impostos quen paga os gastospúblicos.

A oposición ao canon non vai en contra da chamada propiedadeintelectual, hai que ter en conta que para que un libro chegase a unhabiblioteca o Estado xa tivo que pagar un prezo no que se inclúen os dereitos deautor. O libro non foi roubado. Se o pagou o Estado quer dicir ademais que opagamos entre todos nós, polo tanto non ten sentido que se nos impida disfrutar libremente do que mercamos.

Alén disto, dubidamos de que o canon vaia traer excesivosbeneficios para os autores: as bibliotecas ao veren aumentados os seus gastosdeixarán de mercar por exemplo libros dos autores máis recentes, e non debemosesquencernos de que son precisamente as bibliotecas, ao escaparen da lóxicavoraz do mercado, o lugar idóneo para que estes autores sexan lidos.

Non podemos aceitar o canon porque viola un dos dereitosbásicos dos cidadáns como é o acceso libre a cultura. Porque libre, agora esempre, e pese as teimas da ideoloxía da clase dominante, quer dicir gratuito.Opoñemonos polo tanto a esta visión mercantilista da cultura que diviniza,prioriza e abusa incríbelmente da chamada propiedade intelectual en detrimentodo benestar intelectual colectivo.

Moitos autores e editoriais teñen xa amosado o seurexeitamente ao canon, e no Estado Español existe un movimento , a Plataforma Contra el Préstamo de Pago,que organiza actividades de oposición ao canon e procura concienciar a xentesobor deste problema. Existen ademais en paises como Italia ou Portugalplataformas análogas a esta. Todo o noso apoio na loita polos libros libres.