Relixión, fóra das aulas!
Estudar é un dereito que se nos recoñece
a todas e todos os estudantes,nun ensino que se di democrático
e afastado de doutrinas impositivas. Mais,pola outra banda séguese
a manter no ensino e mesmo a reforzar, unha materiasectaria e ideoloxista
que non busca outro fin que alienación das e dosestudantes
nuns preceptos falsos e retrógrados, non estamos a falar
doutracousa que da relixión.
Os Comités Abertos de Estudantes avogamos
por un ensino laico. Queremosque a relixión saia da escola
pública pois as crenzas relixiosas forman partedo ámbito
privado e, polo tanto, o ensino relixioso debe quedar ao marxe daensinanza
obrigatoria e fóra do currículo escolar. A escola
hoxe, máis quenunca, debe ser un espazo público, onde
o adoutrinamento relixioso ouideolóxico quede fóra
das súas portas.
O actual goberno do PsoE non só non cumpriu
as propostas sobre este temaque lanzaba cando estaba na oposición,
se non que impulsou unha reforma, a LOE,que segue a lexitimar o
ensino relixioso católico e reforza o papel doscatequistas.
Os Comités Abertos de Estudantes exiximos
que a relixión quede fóra docurrículo escolar,
que non se permita ningún tipo de símbolo relixioso
noscentros escolares e que, con diñeiro público, con
diñeiro de todas e de todos,non se pague o adoutrinamento
relixioso.
|