á portada


á portada

servizo de correo-e

imprimir

voltar

 


Grazas a masiva mobilización do estudantado galego o 31 de Outubro pasado e á recollida de máis de 10 000 sinaturas de estudantes dos sete campus galegos contra a suba das taxas de matrícula para o presente curso, abriuse un proceso de negociación entre a nosa organización e Dirección Xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario Galego para o Decreto Galego de Prezos Públicos 2008/2009, mais a Consellaría de Educación manten a súa intención de subir as taxas (incluso por riba do IPC) e manter os recargos na 2ª, 3ª e 4ª matrícula, non llo podemos permitir. O próximo 29 de Abril todos e todas á Folga!. Paremos a suba das TAXAS! Por un financiamento suficiente para as universidades galegas, defender a universidade pública é parar Boloña.





A UdC posiciónase
contra a suba das taxas de matrícula no SUG
[17/04/08] O Claustro da UdC posiciónase contra a suba das taxas sen votos en contra e grazas a unha petición unitaria dos representantes de estudantes neste órgano.





O CXG posiciónase contra a suba das TAXAS!
[28/1/08] O Consello da Xuventude de Galiza aprobou este sábado unha iniciativa dos CAF na que se pedía á Consellaría de Educación a conxelación da suba das Taxas para o vindeiro curso.