á portada
á portada de de onde vimos?

á portada

envíanos un correo

imprimir

voltar

A Compañía de Tranvías d'A Coruña tenta boicotar o Paro dos CAF neste Campus

A Compañía de Tranvías d'A Coruña, propriedade do Concello d'A Coruña e dependente portanto da Administración gobernada polo PSOE, tratou de boicotar o Paro convocado polos CAF neste Campus limpando a primeira hora da mañá todos cantos cartaces estaban colados nas marquesiñas do Campus e da Cidade.

Non é a primeira vez que a administración local gobernada polo alcalde españolista Francisco Vázquez tenta boicotar unha acción da nosa organización. Isto sucedeu nas continuas campañas en favor dun transporte digno para os estudantes dos Campus d'A Coruña, con ataques cara os membros da nosa organización e con descalificación cara o colectivo estudantil, máis recentemente na apresentación da campaña nacional de comezo de curso e por último na convocatoria do paro xeral deste 21 de Decembro.

É claro que é un boicote descarado cara a nosa organización xa que a outras organizacións e a entidades privadas non se lles retiran os seus cartaces e só cando é a nosa organización e para temas de vital importancia para o estudantado o Servizo de Limpeza retira estes cartaces. A nosa organización non esta disposta a continuar soportandos estes ataque e a denuncia dos mesmos é tan só o primeiro paso, xa se iniciaron os tramites para a colocación duns paneis informativos especiais nos Campus d'A Coruña.