á portada
á portada de de onde vimos?

á portada

envíanos un correo

imprimir

 

Campaña contra o EEES e
na defensa da Universidade Pública Galega

O EEES Ruina da
Universidade Galega

Os CAF-CAEF comezamos este segundo cuadrimestre a nosa Campaña en contra do Espazo Europeo de Educación Superior, polo que significa de destrución do servizo público de ensino superior e a amenaza que supón para un país como o noso cun sistema universitario tan feble.

· Cartaz da Campaña
· Panfleto Nacional sobre o EEES



Campaña contra a Selectividade e a Limitación
de Prazas

Nin Límite de Prazas,
Nin Selectividade!
Os Comités Abertos de Estudantes en colaboración cos CAF-CAEF estamos a desenvolver unha intensa campaña nos centros de ensino medio e superior da Galiza contra os atrancos académicos para o acceso ao ensino superior e pola supresión da Selectividade e a Limitación de Prazas.

· Cartaz da Campaña
· Panfleto Nacional sobre Campaña





Tíralles da Lingua!
Os Comités Abertos de Escola e Faculdade están a desenvolver unha campaña baixo o lema "É a túa quenda, Tíralles da Lingua", a campaña pon de relevo a necesidade de que sexa o estudantado quen faga realidade os Planos de Normalización Lingüística das tres Universidades así como o seu principal protagonista.

· Panfleto Nacional sobre Lingua





Vivenda Pública na UdC
Os CAF-CAEF do Campus d'A Coruña desenvolvimos unha campaña sobre Vivenda Pública na UdC para chamar a atención sobre pontos que nos consideramos chave para unha area residencial verdadeiramente pública no Campus d'A Coruña.

· Cartaz da Campaña
· Panfleto Campaña de Vivenda





Transporte en Pontevedra
Os CAF-CAEF lanzamos unha campaña de transportes en Pontevedra. As demandas do estudantado presentarémolas aos órgaos de governo universitarios,
presionándoos para que exixan a Monbús e a Renfe UN TRANSPORTE DIGNO!





Queremos estudar con dignidade !
A primeira campaña nacional da organización maioritaria do estudantado galego neste curso.

Esta campaña nace como resposta a unha problemática que se vén dando entre os e as estudantes, xa que cada vez se complican máis as condicións de estudo no Sistema Universitario Galego. Os CAF centramos este inicio de curso nunha serie de demandas respecto das taxas, as bolsas e as residencias universitarias...



Campaña polo cambio e por
un goberno Nacionalista na Xunta de Galiza.

Cambio!, Dignidade!, Respecto!
Os Comités Abertos de Escola e Faculdade
por primeira vez na súa historia o pasado Xuño sacamos unha campaña por motivo dun proceso electoral na Galiza, para evidenciar que a sociedade e máis en concreto o estudantado galego non quería ver máis ao Partido Popular na Xunta da Galiza.

· Cartaz da Campaña electoral
· Triptico sobre o voto por correo



Campaña contra o desfile do Exército español na cidade d'A Coruña.

Desfile Militar?, Non Grazas
Os Comités Abertos de Escola e Faculdade editamos con motivo da celebración do día das forzas armadas na cidade d'A Coruña unha campaña de resposta ante esta nova agresión á Galiza, con este motivo convo-couse unha concentración no Campus de Elviña, unha na cidade e un concerto na Sala Mardi Gras d'A Coruña.

· Cartaz da Campaña do 29 de Maio
· Galería de Fotos da Concentración



Campaña contra a reforma
do Curso de Aptitude Peda-góxica (CAP).

Que non te CAPen !!
O CAP (Curso de Aptitude Pedagóxica) é un complemento de formación que teñen que realizar obrigatoriamente as/os estudantes que rematen a carreira para acceder a un posto de traballo no ensino secundario. Neste momento a súa duración e de 6 meses ( 150 horas + prácticas en centros de ensino), e pretendese ampliar a dous anos...

· Cartaz da Campaña contra o CAP
· Tiptico sobre a reforma do CAP



Especial dos CAF sobre o proceso de Boloña

Campaña Nacional polo día Internacional da Muller.

Diferentes si, desiguais non
Dende a Comisión da Muller dos Comiés Abertos de Escola e Faculdade (CAF) vimos de desenvolver unha campaña nacional polo día Internacional da Muller baixo o lema Diferentes si, desiguais non. A nosa Campaña durou toda a semá e irá acompañada de Xornadas, Conferencias, Exposicións, Mesas... en todo o país.

· Cartaz da campaña en b/n
· Panfleto da campaña en b/n


Os porques dun NON
O estudantado galego por unha Europa dos pobos, solidaria,
social, e democrática.

O pasado 20 de Febreiro tivo lugar o referendo sobre o Tratado polo que se estabelece unha Constitución para Europa, a importancia que ten este tratado é unha das motivacións para que os CAF-CAEF como organización social e estudantil teñamos tomado unha postura, o sentido do noso posicionamento e o desenvolvimento da nosa campaña basanse en que os CAF-CAEF acreditamos noutra Europa. Solidaria, democrática, con xustiza social e na que os pobos conten.

· Cartaz da Campaña do Referendo



Campaña Nacional por un plano de financiamento.

Un financiamento digno para a Universidade Galega
O posicionamento que toman os CAF con respecto a este acordo de financiamento é claramente negativo. Consideramos que este plano de financiamento xa posúe dende o seu nacemento unha eiva moi importante: foi acordado de costas á sociedade, sen ter en conta a importantes sectores implicados como é o caso do estudantado.

· Posicionamento dos CAF-CAEF
· Plano de Financiamento 2005-2010