|



|
STOP á
represión, Fraga represor
O membro dos Comités Abertos de Escola
e Faculdade e militante de Galiza Nova detido onte na inauguración
de Galiemprego recobrou a liberdade ás 21:00 da noite do
28 de Abril, despois de declarar ante o xuíz nos xulgados
composteláns de Fontiñas.
Hai que salientar que a concentración, convocada
por Galiza Nova e polos Comités Abertos de Faculdade na súa
solidariedade reuniu a máis de 200 mozas e mozos, comezando
ás 20:00 da tarde e reconvertindose nunha animada manifestación
xuvenil, que percorreu toda a zona vella de Compostela e o bairro
de San Pedro, até a porta dos xulgados, visibilizando ante
a cidadanía de Compostela a denuncia da mocidade galega do
continuo recurte de liberdades promovido polo PP. Na manifestación
escoitaronse consignas contra a represión, pola inmediata
liberación do compañeiro e críticas directas
á responsabilidade do PP, "Fraga contra os mozos, os
mozos contra Fraga", "ilegalizar o Partido Popular",
etc... Nos xulgados, o compañeiro foi calurosamente recebido
por amigos, compañeiros e persoas que se achegaron solidariamente
até o lugar.
|