á portada
á portada de de onde vimos?

á portada

envíanos un correo

imprimir



Libre Impresión!
[5/06/07] Os Comités Abertos de Escola e Faculdade do Campus d'A Coruña estamos a desenvolver en varios centros unha campaña contra o sistema de control das impresións nas aulas net, este sistema estase a implantar en practicamente todos os centros e supón a concesión encuberta dun servizo que até o de agora xestionaba directamente a UdC.

· CAF Informa sobre as Aulas Net





Fichas de Profesorado
[5/06/07] Os Comités Abertos de Escola e Faculdade están a repartir en varios centros da UdC unhas fichas de profesorado para simplificar as reclamacións por absentismo do profesorado ou por incumprimento da normativa académica.





Xornadas de Economía Alexandre Bóveda
[26/04/07] Os días 2 e 3 de Maio terán lugar na Faculdade de Económicas,ADE e Empresariais da Coruña as Xornadas de Economía Alexandre Bóveda e están solicitados 1,5 créditos de Libre pola UdC.

· Programa das Xornadas
· Matricularse das Xornadas





Claustro da UdC
[7/03/07] Os Comités Abertos de Escola e Faculdade vimos de editar un CAF-Informa institucional con motivo do primeiro Claustro da UdC neste curso académico, esta iniciativa pretende poñer en coñecemento do estudantado a actividade institucional da nosa organización neste orgao colexiado da universidade.

· Descarregar o CAF-Informa





Vivenda Pública na UdC
[15/02/07] Os CAF-CAEF do Campus d'A Coruña estamos a desenvolver unha campaña sobre Vivenda Pública para chamar a atención sobre pontos que nos consideramos chave para unha area residencial verdadeiramente pública no Campus d'A Coruña.

· Cartaz da Campaña
· Panfleto Nacional sobre o EEES





Concetración na ETSA
[17/11/06] O próximo mércores 22 de novembro ás 12:00 h da mañá terá lugar unha concentración na planta 0 da Escola restitución do servizo de impresión gratuito na planta 5 da ETSA. Os CAF-CAEF exiximos ademais a total gratuidade do servizo, promocionar a ra-cionalidade na utilización e o fomento do soporte dixital nas entregas e correccións.

· Cartaz da Concentración





Eleccións na UdC
[17/11/06] O próximo 29 de novembro de 2006 terán lugar as elección a representantes da Comunidade Universitaria nos organos colexiados da UdC, o estudantado ten unha representación equivalente ao 25% do total en cada organo: Claustro, Xuntas de Escola e Facultade e Consellos de Departamento.

· Listaxe de candidatos / Claustro
· Especial da UdC / Eleccións 2006