|


|
| 
|
IV
Xornadas de
Historia da Galiza
[7/05/07] Os CAF de Historia, Historia
da Arte e Xeografía realizan este ano as IV Xornadas
de Historia de Galiza e terán lugar os días
10, 11 e 12 de maio de 2007 no salón de actos da Facultade
de Filosofía. Concedarase un crédito de libre
configuración aos asistentes, válido para todas
as titulacións da USC.
· Programa
das Xornadas |
[27/03/2007]
Charla Debate sobre o Aborto
Os Comités Abertos de Faculdade (CAF) e a Asemblea de Mulleres
de Galiza Nova organizan unha charla-debate en Compostela sobre
"O aborto e as perspectivas xurídicas dun conflito social,
nela interivirán José Manuel Rebolo (Profesor Dereito
Penal da USC), Encarna Otero e unha Psicóloga do centro Quérote.
[13/03/2007]
Palestina,
Sahara e Galiza
Este mércores 14 de marzo ás 20:00
h. no Salón de Graos de Dereito terá lugar unha charla
sobre os conflitos sociopolíticos que se viven en Palestina,
Sahara e Galiza organizada polos os Comités Abertos de Escola
e Faculdade de Dereito do Campus de Compostela.
| 
|
8
de Marzo
[06/03/07] O comité de Medicina
organiza, con motivo do 8 de marzo, unha conferencia a cargo
de Ricardo Gurriarán, profesor na Faculdade de História
da USC. A charla terá lugar o Mércores 7 de
marzo, ás 7 da tarde na aula 7 da Faculdade de Medicina |
CONCESIÓN DE CRÉDITOS DE LIBRE ELECCIÓN
Xornadas "Chove sobre mollado"
(6, 7 e 8 de abril):
Poderanse recoller os créditos os días 12 e 13 de
xuño de 12:00 a 14:00 no local de estudantes de psicoloxía.
Tamén se poderán recoller o título acreditativo
de asistencia.
III Xornadas de Historia de
Galiza: a Guerra Civil
(27, 28 e 29 de abril):
Nestas xornadas os créditos son automaticamente imputados
no expediente académico do asistentente. A partir do día
26 de xuño ten que acudir a súa UXA correspondente
para abonalo. O título acreditativo de asistencia poderase
recoller os días 14 e 15 de xuño de 16:00 a 18:00
no local dos CAF situado no Vicerreitorado de Estudantes (r/Casas
Reais nº8).
Xabarín á Reitoría

Clica aquí e entra no seu
blog
|
Ante as elección á reitoría
que o próximo 10 de maio se celebran na USC, os CAF decidimos
presentar ao Xabarín a Reitor, posto que
considerabamos que as outras dúas candidaturas non cumprían
coas expectativas e necesidades desta Universidade. Por unha banda
atopámonos a Senén Barro, que repite
candidatura e que desta volta vén respaldado polas tres plataformas
de profesores, polo que todo debate e multilateralidade van quedar
reducida á minima expresión.
Na outra banda o señor Casares non garante
ningunha posibilidade de que o estado das cousas varír radicalmente.
Ante este panoramas os CAF pedimos o voto para Xabarín
nestas eleccións, un voto nulo que servirá de denuncia
de que unha parte da USC quere un cambio real na política
universitaria. Podes visitar o blog do noso candidato pinchando
enriba da imaxe.
Este é un dos cartaces que podes ver na
exposición.
|
Os
CAF, a nosa Historia
O Comité de Dereito está
a apresentar na súa faculdade unha exposición
que reflicte os máis de 20 anos dos Comités
Abertos de Faculdade.
Esta exposición
está composta por cartaces de Asembleas Nacionais,
de eleccións, xornadas, campañas... de diferentes
épocas e momentos. Todo isto completado cun resumo
da historia dos CAF, programas de pasadas eleccións,
volantinas, etc.
Se queredes ver máis material como Contra Legems,
Manifestos, Foros de case 20 anos; non dubides en
pasarte polo noso local.
|
A
Guerra Civil: causas e consecuencias
Un curso máis o Comité de Historia,
Hª da Arte e Xeografía realizan as súas Xornadas
de Historia de Galiza, desta volta é a terceira edición.
Este ano están adicadas á Guerra Civil e ao franquismo
por ser o setenta aniversario do seu comezo. Contaremos coa presenza
de distintos historiadores e con persoas que viviron de primeira
man o réxime (Xosé Manuel Beiras e Manuel Mera).
Terán lugar na Facultade de Económicas
os días 27, 28 e 29 de abril. A inscripción é
de balde en xornadas@comitesabertos.org ou nos teléfonos
670 457 600 e 651 958 159. Concederase un crédito
de libre configuración aos asistentes.
| 
Pinchando sobre o debuxo podes descargar o panfleto
desta campaña
|
Que
non che rouben!!
Baixo este lema os CAF de Compostela
realizamos estas semanas unha campaña de denuncia sobre
o feito de que a USC non che devolve os cartos en caso de
que te deas de baixa nunha materia do segundo cuatrimestre.
Nesta campaña recollimos unhas 2000 sinaturas para
que a USC deixe de aplicar o punto terceiro da Resolución
Reitoral do 24/03/2003 (pinchando no título pódela
descargar) onde se explicita a nosa denuncia. Este xoves día
6 de abril imos facer o acto de entrega das sinaturas, o cal
terá lugar ás 12:30 na Reitoría da Universidade
(Praza do Obradoiro).
|
"Chove
sobre mollado"
I Xornadas contra a Violencia de Xénero
O Comité de Psicoloxía
organiza as primeiras xornadas contra a violencia de xénero,
que irán baixo o lema "Chove sobre mollado". Desta
volta tratarase este problema social enfocándoo dende varias
perspectivas (social, xurídica, psicolóxica...)
Serán os días 6, 7 e 8 de abril
na facultade de Historia, Hª da Arte e Xeografía;
e se concederá un crédito de libre configuración,
válido para todas as titulacións da USC.
Para recibir máis información
ou inscribirte, podes facelo en: 678 590 991, 661 254 073 ou en
xornadas@comitesabertos.org
Videomatón polo 8 de marzo
A Asemblea de Mulleres de Galiza Nova de Compostela
e o Comité Ciencias da Comunicación organizaron para
este mércores 8 de marzo na faculdade de Xornalismo da Universidade
de Santiago un videomatón para preguntar cal é a opinión
que a xente moza ten sobre esta data, que prioridades pensan que
debería ter o feminismo e calquera cuestión que sobre
o 8 de marzo queiran aportar. O resultado
deste videomatón será editado nun vídeo que
se proxectará na faculdade no mes de abril nun taller sobre
a imaxe das mulleres e análise de medios de comunicación.
Desde esta data queremos levar a un pequeno espazo da Universidade
e de Compostela as nosas reflexións sobre o 8 de marzo: parécenos
moi importante celebrar e aproveitar esta xornada e ao mesmo tempo
resulta absurdo que o resto do ano o contido deste día (as
mulleres) estea ausente, invisíbel.
·
Descarrega aquí a volantina do Videomatón
| 
Portada do Sitio Distinto n. 5 voceiro do Comité
de Historia, Historia da Arte e Xeografía.
|
Un novo "Sitio
Distinto" na rúa
O Comité de Historia, Historia
da Arte e Xeografía publica un novo número do
seu voceiro Sitio Distinto. Desta volta @s
compañeir@s deste Comité realizaron unha publicación
que mistura artigos sobre problemática propiamente
universitaria con artigos de fondo sobre temas históricos.
Para este número contouse coa colaboración de
varios investigadores do departamento de Historia Contemporánea
da USC.
·
Número 5 do Sitio Distinto
·
Números anteriores do Sitio Distinto
|
| 
Martes 21 de Febreiro ás 18:00 h na aula
Castelao da Faculdade de Medicina.
|
Unha mente marabillosa
A enfermidade mental no cinema
O Comité de Medicina proxecta
este martes 21 de febreiro ás 18:00 na aula Castelao
da Facultade de Medicina o filme Unha mente marabillosa,
que relata a vida de John Nash, profesor da Universidade de
Princeton, que en 1994 recibiu o Premio Nobel de Economía,
e que na metade da súa carreira profesional se lle
deteta síntomas dunha esquizofrenia paranoica dexenerativa.
Posteriormente haberá un debate coa profesora da USC
Ánxela Torres. |
| 
Xoves 15 de Decembro ás 19:30 h na aula
2 da
facul- tade de Dereito.
|
I Ciclo
Calidade da vida vs Indemnidade da vida
Na cuarta xornada deste ciclo o Comité
de Dereito proxecta o filme O segredo de Vera
Drake. Terá lugar o xoves 15
de decembro ás 19:30 na aula 2 da facultade de Dereito.
O filme sitúase na cidade londinense en 1950, onde
Vera Drake é unha muller da limpeza que está
sempre axudando á xente, e en segredo axuda a rapazas
xoves a abortar. Cando unha destas rapazas é hospitalizada
en estado grave, a policía interrógaa e vai
buscar a Vera a súa casa ante a perplexidade do resto
da familia.
|
| 
Mércores 30 de Novembro ás 18:00
h na aula Castelao da Faculdade de Medicina.
|
A Laranxa Mecánica
A enfermidade mental no cinema
As/os compañeiras/os do Comité
de Medicina comezan con esta proxección do filme d´A
Laranxa Mecánica un ciclo de proxeccións e debates
titulado A enfermidade mental no cinema. Este primeiro filme
será proxectado o mércores 30 de novembro ás
18:00 na Aula Castelao da facultade de Medicina. Posteriormente
haberá un debate co profesor de psiquiatría
da USC Raimundo Mateos. |
Martes 29 de Novembro ás 19:00 h na aula
1 da Facul-dade de Historia.
|
EU
/ vs / YO
Proxección do documental
O Comité de Historia, Hª
da Arte e Xeografía proxecta este martes 29 de novembro
o documental EU /vs/ YO, realizado polos estudantes de ciencias
audiovisuais da USC Iago García e Roberto Conde.
Neste documental plantéxase, mediante unha serie de
entrevistas e de imaxes de arquivo,
un esbozo do problema lingüístico entre galego
e castelán que se dá no noso País. A
proxección terá lugar na aula 1 da facultade
de Historia ás 19:OO.
|
Imaxe do Día Internacional para a eliminación
da violen-
cia contra as mulleres.
|
25
de Novembro
Día Internacional da non violencia
contra as Mulleres
O Comité de Historia, Hª
da Arte e Xeografía conxuntamente coa Asemblea de mulleres
de Galiza Nova de Compostela organizan este mércores
23 de novembro ás 19:00 na aula 1 da facultade de Historia
dous coloquios co galo do 25 de Novembro: Cambios
significativos no Estado español respecto á
igualdade entre homes e mulleres (Celia Balboa) e
A violencia de xénero dende outra pers-pectiva:
os bos tratos (Zelia García e Nanina Santos) |
Cartaz promocional do filme
de Javier Balaguer Solo Mia.
|
25
de Novembro
Día Internacional da non violencia
contra as Mulleres
O Comité de Ciencias Políticas-Relacións
Laborais e o Comité de Filoloxía proxectan este
mércores o filme Solo mía
con motivo do 25-N, día internacional da non violencia
contra as mulleres. En Políticas proxectarase ás
19:00 na aula 1-4 e na facultade de Filoloxía ás
19:00 na aula 1.
|
Imaxe do Día Internacional para a eliminación
da violen- cia contra as mulleres.
|
I
Ciclo
Calidade da vida vs Indemnidade da vida
Coicidindo
coa proximidade do 25 de Novembro o Comité de Dereito
organiza a terceira xornada deste ciclo, realizando unha charla-coloquio
baixo o lema O aborto a debate,
onde intervirán Ángel Rebolledo (Catedrático
de Dereito Civil USC), Luz Mª Puente (Profesora Penal
Udc) e un representante CIG-Sanidade. Terá lugar na
facultade de Dereito ás 20:00 no salón de graos
este mércores 23 de novembro.
|
O Mércores 16 de Decembro ás 19:30
h no Salón de Graos da Faculdade de Dereito
|
Mar
Adentro
Proxección do filme O
Comité de Dereito continúa co I Ciclo:
Calidade da vida vs indemnidade da vida coa proxección
do filme Mar Adentro o vindeiro mércores
16 de decembro ás 19:30 no salón de graos da
facultade de Dereito.
|
|
Cartaz da última mobilización da
Plataforma Nunca Máis 13 de Novembro de 2005.
|
Terceiro
aniversario do Prestige
O Comité de Historia, Historia
da Arte e Xeografía organiza a proxección do
documental Cousas que compre non esquecer estes xoves
10 de novembro ás 20:00 na aula 1 desta facultade co
gallo do terceiro aniversario da catástrofe do Prestige.
·
Plataforma Nunca Máis
|
|
Imaxe da campaña de apresentación
dos CAF no Campus de Compostela
|
O
Comité de Ciencias de Comunicación saca un novo
número do Bule-Bule
Con este novo número do
Bule-Bule xa van dous do voceiro do Comité de Ciencias
da Comunicación. Mais unha vez este comité sorpréndenos
con interesantes artigos sobre o Espazo Europeu de Educación
Superior, sobre ERGA, sobre a represión...
· Número
2 do Bule-Bule
|
I Ciclo: Calidade
da vida vs indemnidade da vida
O Comité de Dereito comeza a súa
actividade con estas xornadas. A primeira das xornadas estará
adicada á eutanasia e se contará coa catedrática
de civil da USC García Rubio e o profesor de penal da USC
Rebolo Sanchez. A charla será o próximo xoves 3 de
novembro ás 20:00 na facultade de Dereito.
|

Fotografía de arquivo
do Mercado de abastos de Santiago de Compostela.
|
Os CAF criticamos
a bolsa de alimentación da USC
As bolsas que oferte a USC deben servir
para axudar a aquelas/es estudantes con menos recursos. Un
ano máis a Vicerreitoría de Estudantes vén
de ofertar 10 bolsas de alimentación, cada unha de
120 € ao mes, destinadas ao consumo de produtos frescos
nos estabelecementos do Mercado de Abastos de Compostela.
Os criterios para o reparto destas bolsas son unicamente académicos,
non contando os económicos, polo que a súa función
de axuda a aquelas/es estudantes con menos recursos é
nula. Os CAF non calaremos e denunciaremos esta situación
no próximo Consello de Goberno da USC.
|
|