á portada
á portada de de onde vimos?

á portada

envíanos un correo

imprimir

 



Festa da Carballeira
[6/04/06] Os Comités Abertos de Escola e Faculdade co Campus do Campus de Lugo culpan ao Concello de convertir a Festa da Carballeira nun "Macrobotellón" sen sentido nen control ningún. O Concello de Lugo non quere que os CAF organicemos a Carballeira, e lembrade que fumos nós quen hai xa 17 anos a creamos.

· Comunicado de prensa aos medios
· Cobertura informativa




As institucións da USC
As/os compañeira/os dos CAF do campus de Lugo seguen a organizar actividades relacionadas co funcionamento da USC e os organismo de respresentación. A próxima cita será unha conferencia na Escola Técnica Superior este martes 28 ás 19:00.



Cartaz do roteiro histórico pola cidade de Lugo.

Roteiro histórico por Lugo
Os CAF de Lugo organizamos este sábado 25 de marzo un roteiro histórico pola cidade de Lugo. Será guiado polo historiador Adolfo de Abel Vilela e pretenderá amosar unha visión distinta da cidade de Lugo, a historia dos barrios, orixes,... A saída terá lugar ás 11:00h da Sala de exposicións Porta Miñá e a duración será dunha hora e media aproximadamente. Para mais información contactar co : 669 33 98 63 ou no enderezo cafeps@lugo.usc.es



Especial dos CAF sobre o proceso de Boloña

Imaxe da residencia Bal y Gay

Os CAF denunciamos a incompatibilidade de bolsas no SUR
Segundo a convocatoria do Servizo Universitario de Residencias publicada pola USC para o curso 2005-06, todos aqueles residentes que sexan beneficiarios dunha bolsa da convocatoria xeral do Ministerio de Educación e Ciencia serán incluidos, de xeito automático, na cota F (a máis alta, sen ningún tipo de subvención). Esta medida vén motivada pola definición, por parte do MEC ,da incompatibilidade das devanditas bolsas coas subvencións das residencias públicas.

· Posicionamento dos CAF



Especial dos CAF sobre o proceso de Boloña


21 anos loitando polos teus dereitos
En primeiro lugar queremos mostrar a nosa satisfacción xa que somos a organización que máis candidaturas presentamos (168) e a que nun maior número de centros temos presenza (20 dun total de 25).Tamén queremos facer patente que, aínda que na maioría dos centros non haxa eleccións, os CAF comprometémonos a traballar polo estudantado e a levar a cabo o programa que cada comité elaborou.

· Especial xuntas de centro



Especial dos CAF sobre o proceso de Boloña

Imaxe da residencia Bal y Gay

 

Os CAF comezan unha campaña en defensa das residencias
O reitorado da USC leva aproveitando dende hai moitos anos os últimos meses do curso para aplicar subas ás taxas das residencias.Os CAF de Compostela e Lugo comezamos unha campaña informativa sobre estas subas das taxas no SUR e tamén para reclamar a reformulación dos estatutos do SUR.

· A reforma dos estatutos do SUR
· A suba das taxas
· Cartaz da campaña



IX Xornadas do Nacionalismo
O Campus de Lugo celebrará da man dos Comité Abertos de Escola e Faculdade (CAF) as IX Xornadas do Nacionalismo. Nesta novena edición os CAF organizan unhas xornadas monográficas sobre a Historia do Nacionalismo Galego. Para a primeira conferencia, titulada O Rexurdimento: unha visión histórica, contarán con Carme Hermida Gulias e será mañá 7 de abril ás 19:00 h. na aula 24 da Escola de Maxisterio. O programa completo ficaría así...


A presenza dos CAF en Lugo
Os Comités Abertos de Escola e Faculdade temos presenza no Cámpus de Lugo nas seguintes escolas e faculdades: Escola Politecnica Superior, Veterinaria, Humanidades e Maxistério. Os nosos comités son abertos xa que para facer parte deles e botar unha man non se necesita máis requisio que o de compartir o noso proxecto. As nosas decisións tomamo-las de xeito colectivo, en asembleas onde ti tamén tes voz, e que no caso concreto de Lugo realizamos os Mércores ás 7 do seran na Escola Politécnica Superior.