á portada
á portada de de onde vimos?

á portada

envíanos un correo

imprimir

 

 

Festival de Outono | 2005

Os Comités Abertos de Escola e Faculdade, organización maioritaria do estudantado galego organizou o pasado xoves 10 de novembro o Festival de Outono para a inauguración do curso....

Tocaron: Marquinhos Drinkin, Os 3 Trebóns e o Vendaval do Rosal, o conxunto de Aríns Ruxe-Ruxe, e o grupo de hip-hop Non Residentz...


Actividades | No mes de Abril no Campus d'A Coruña

Os Comites Abertos de Escola e Faculdade no Campus da Coruña realizamos unha intensa actividade durante o último mes.

Tres Xornadas, en Socioloxía, Direito e Arquitectura, sobre temas de interese para o estudantado dese centro e participamos na mobilización contra a Directiva europea de patentes na Faculdade de Informática.


Mural | Estudamos para liberar Galiza

Os CAF-CAEF organización maioritaria nas tres universidades galegas e presenza nos sete campus do pais realizamos.

Un mural no Burgo das Nacions co lema "Estudamos para liberar Galiza" unha fase moi significativa do que é a nosa actividade e o futuro que queremos para o estudantado e para o país.


Prestige | Galiza afectada pola maré negra

O negro 13-N de 2002 un barco pirata cargado de chapapote chega as nosas costas provocando a maior desastre ecolóxica da nosa historia.

O goberno do Estado e o da Xunta en colaboración cos seus medios de comunicación tentan difuminar o desastre pero a xente non traga e responde cun alto e forte Nunca Máis.


Nunca Máis | Galiza mobilizase contra a maré negra

Partidos políticos, sindicatos, confrarias, estudantes, ecoloxistas... decidimos constituirmonos en Plataforma Cidadán.

Nunca Máis con carácter unitário e aberto pretende canalizar as xustas demandas da cidadania galega para a pronta reparación dos danos causados polo buque Prestige.


Non á Guerra | Galiza contra a guerra no Iraque

Os CAF-CAEF tivemos unha posición moi activa duarante todo o curso académico 2002-2003, en contra da invasión ianqui do Iraque.

Participamos da criazón e organización da Mocidade Galega pola Paz, quen se encargou de convocar as mobilizacións que houvo no estudantado en todo o pais.


XVIII Asemblea | 20 anos de maré estudantil

Os CAF-CAEF celebramos os dias 22 e 23 de marzal a nosa XVIII Asemblea Nacional, na Faculdade de Medicina en Compostela.

Baixo o lema 20 anos de Maré Estudantil celebramos o noso vixésimo aniversário, que amosa a consolidación do movemento estudantil nacionalista na Galiza.


Outras Fotos | Actos nos que participamos

Día da patria galega, da clase obreira galega, día internacional da clase traballadora, internacional da muller, día das letras galegas...

Coa nosa participación nos actos que anteriormente se citaron os CAF-CAEF ratifican o seu compromiso co país e as ganas seguir a traballar sempre por Galiza.