|



|
[12/06/06] O Consello de Goberno da UdC ven de aprobar
a Normativa Académica de avaliacións, cualificacións
e reclamacións. Esta normativa recolle os dereitos e deberes
dos estudantes nos procesos de Avaliación, Cualificación
e Reclamación. Consultar
a Normativa
| 
|
Estante Timando!
[19/05/06] Os Comités Abertos de
Escola e Faculdade co Campus d'A Coruña fixemos entrega,no
rexistro do Concello, de máis de 1000 postais en favor
dun Bono-Bus estudantil, ao mesmo tempo anunciamos novas accións
para mellorar o transporte comarcal e intercomarcal.
· Cartaz
da Campaña de Transporte
· Ler máis
en Campus A Coruña
|
| 
|
Voceiro do Campus
d'A Coruña deCurso 2006
[18/04/06] O Campus d'A Coruña
recupera este ano a cabeceira historica do seu Voceiro de
Campus, o funcionamento da UdC, a campaña de transporte,
a vivenda na UdC, os posgraos e o galego na universidade son
os temas que trata este número.
· Descargar
o DeCurso 2006
· Ler
máis en Campus A Coruña
|
| 
|
Estante
Timando!
[30/03/06] Os Comités Abertos de
Escola e Faculdade co Campus d'A Coruña presentan hoxe
a todo o estudantado a súa Campaña para mellorar
a situación do Transporte Público entre as súas
reivindicacións a implantación dun Bono-Bus
para todos os estudantes.
· Cartaz
da Campaña de Transporte
· Comunicado de prensa aos medios |
| 
|
Patrón
de Económicas
Santo Vicente Ferrer
[30/03/06] Os Comités Abertos de
Escola e Faculdade do Comité de Económicas d'A
Coruña organizamos para o día 4 de Abril
a partir das 21 h na Cafetaría de Económicas
un concerto de música, moita festa e carallada
a entrada é de balde os prezos son populares e hai
buses para voltar á cidade.
· Cartaz
da Festa do Patrón |
| 
|
Xornadas
Concienciación Social
[22/03/06] Os Comités Abertos de
Escola e Faculdade do Comité de Dereito d'A Coruña
organizamos os días 27, 28, 29,30 de marzo
unhas Xornadas de Concienciación Social na que se tratarán
entre outras cuestións: o mundo das ONGD, a regularización
da prostitución, a integración de discapacitados... |
| 
|
Xornadas sobre Economía
[22/03/06] Os Comités Abertos de
Escola e Faculdade do Comité de Económicas organizamos
os días 28, 29,30 de marzo unhas Xornadas
sobre Economía que levan o nome de Alexandre Bóveda,
as xornadas teñen a matrícula de balde
e esta solicitada a concesión de dous
créditos de Libre Configuración.
· Cartaz
das Xornadas
· Programa
das Xornadas |
| 
|
8
de Marzo
Recital literario
[8/03/06] Os Comités Abertos de
Escola e Faculdade do Campus d'A Coruña organizamos
o xoves día 9 de marzo un recital
literario con motivo do día internacional da muller
n'A Cova Céltica (rúa do Orzá
86) a partir da 22:30 h da noite e no que participarán
María Lado e Teresa Moure.
· Cartaz
do Receital literario |
| 
|
8
de Marzo
Proxección de Libertarias
[8/03/06] Os Comités Abertos de
Escola e Faculdade do Campus d'A Coruña organizamos
o mércores día 8 de marzo con
motivo do día internacional da muller unha proxección
do filme "Libertarias" no salón
de graos da Facultade de Dereito da UdC e minutos
antes da proxección intervirán Paula
Turnes, membro dos CAF-CAEF de Dereito e Mariña
Penas, Responsábel Nacional de Muller dos
CAF-CAEF. |
| 
|
Campaña
de Tansporte '06
Os Comités Abertos de Escola e
Faculdade, organización maioritaria na UdC estamos
a ter unha serie de reunións institucionais durante
estas semanas cos responsábeis políticos da
UdC, do Concello, da Deputación e máis da D.X.
de Tansportes para conquerir unha serie de melloras no sistema
de transporte para os estudantes.
|
| 
Faixa da campaña nacional colada
no Estadio de fútbol
do Campus de Elviña.
|
A
Compañía de Tranvías d'A Coruña
tenta boicotar o Paro dos CAF neste Campus
A Compañía de Tranvías d'A Coruña,
propriedade do Concello d'A Coruña e dependente portanto
da Administración gobernada polo PSOE trata de boicotar
o Paro convocado polos CAF neste Campus limpando a primeira
hora da mañá todos cantos cartaces estaban colados
nas marquesiñas do Campus e da Cidade. |
| 
Autocolante editado polos
CAF con motivo da Campaña
do Transporte do 2004.
|
Alegacións
aos Orzamentos
Os Comités Abertos de Escola e
Faculdade, organización maioritaria na UdC presentou
o pasado 18 de novembro alegacións aos Orzamentos Municipais
da cidade d'A Coruña, a liña das alegacións
era a creación dun Bono Universal para os Estudantes
Universitarios.
|
| 
Imaxe do Día Internacional para a eliminación
da violencia contra as mulleres.
|
25
de Novembro
Con motivo do día Internacional
para a eliminación da violencia contra as mulleres
a Comisión da Muller dos CAF ven de organizar unha
serie de actividades para a conmemoración deste día,
n'A Coruña proxectaranse unha serie de filmes relacionadoscon
este tema.
· Calendario
das proxeccións
· Cartaz
da Campaña deste ano |
| 
Unha pequena mostra das Castañas que imos
asar este Venres en Filo.
|
Magosto
de Filoloxía
Os Comités Abertos de Escola e
Faculdade, da Faculdade de Filoloxía da Coruña
celebran máis unha vez o seu xa tradicional Magosto,
terá lugar na Cafetaría de dita Faculdade o
próximo Venres 18 de Novembro a partir das 20:30 h,
haberá cervexa e castañas de balde para todos
pero sobretodo festa e carallada até as 2:00 da mañá.
· Galería de Fotografías
·
Cartaz
do Magosto deste ano
|
| 
Imaxe do Festival de Outono 2005 que organizamos
xunto coa Universidade da Coruña.
|
Festival
de Outono / 05
Os Comités Abertos de Escola e
Faculdade, organización maioritaria do estudantado
galego organizou o pasado xoves 10 de novembro un Festival
de inauguración de curso nos concertos participou:
Marquinhos Drinkin, Os 3 Trebóns e o Vendaval do Rosal,
o conxunto de Aríns Ruxe-Ruxe, e o grupo de hip-hop
Non Residentz...
· Galería
de Fotografías
· Cartaz
do Festival de Outono
|
Os
CAF ante a folga de Arriva
Os Comités Abertos de Escola e Faculdade,
organización maioritaria do estudantado galego, queremos
manifestar a nosa preocupación pola situación do servicio
de autobuses dende Ferrol cara o campus da Coruña, á
vez que manifestamos a nosa solidaridade cos traballadores en folga
da compañía Arriva.
· Comunicado
de imprensa para os medios
· Cobertura
informativa da nosa posicón pública
Problemas
coa matriculación en Camiños
Os Comités Abertos de Escola e Faculdade
de Camiños vimos de denunciar que para proceso de matriculación
na nosa Escola tomouse unha resolución que discrimina negativamente
aos estudantes do noso centro que se verán obligados a matricularse
das asignaturas de cursos inferiores para poder matricularse de
asignaturas de cursos superiores.
· Comunicado de imprensa para os medios
· Cobertura
informativa da nosa posicón pública
|