|



|
|

Fraga fascista !!
Fóra da Galiza !!
|
Imaxes
do Galiemprego
Xa temos as imaxes dos compañeiros/as
de Galiza Nova e os CAF reivindicando un emprego digno na
farsa da feira do Galiem-prego. Como poderás observar,
a actuación das forzas de seguridade foi especialmente
violenta e descontextualizada. O vídeo pode verse na
maioría dos ordenadores, pero en caso de existir problemas
co formato, recomendamos a descarga do programa de software
libre VLC Media Player, doado de atopar en calquer navegador
e válido para todo tipo de imaxes en movemento.
· Vídeo
de Galiemprego
|
|

Imaxe da residencia Burgo das Nacións
no Campus de Compostela.
|
Os
CAF comezan unha campaña en defensa das residencias
O reitorado da USC leva aproveitando
dende hai moitos anos os últimos meses do curso para
aplicar subas ás taxas das residencias. Os CAF de Compostela
e Lugo comezamos unha campaña informativa sobre estas
subas das taxas no SUR e tamén para reclamar a reformulación
dos estatutos do SUR.
· A reforma
dos estatutos do SUR
· A suba das Taxas
· Cartaz
da Campaña das Residencias
|
| 
|
Os luns
ao Sol
Proxección do filme
Con motivo da celebración e festexo
do 1 de maio, Día Internacional da Clase Traballadora,
o Comité de Filoloxía do Campus de Compostela
proxectará esta curtametraxe o próximo mércores
27 de abril ás 19:00 na aula 12 da Facultade de Filoloxía.
|
| 
|
Saídas
laborais para CC. Políticas
O Comité de Políticas realiza
este martes 26 unha conferencia sobre as saídas laborais
da titulación de ciencias políticas. Nesta charla
intervirán os profesores Miguel Bastos Boubeta e Antón
Losada Trabada. Terá lugar ás 19:00 na aula
1.1.
|
|

Iniciativa Lexislativa Popular en Defensa
dos nosos Rios.
|
Xornadas
Pola Defensa dos nosos Ríos
Continuando con estas xornadas, as seguintes
facultades onde se desenvoverán serán a de psicoloxía
(martes 26 de abril ás 20:00 na aula 11) e económicas
(mércores 27 de abril ás 20:00 na aula 7).
O programa das proxeccións
é este:
- O río é noso.
- Que há-de ser de nós?
- Galicia avanza cara o século XXI.
- O Umia despois do encoro.
|
| 
|
Unha Illa
na corrente
Proxección do documental: “Una
isla en la corriente”, documental que da continuación
ao noso ciclo decine que dende fai algúns meses está
a suscitar numerosos debates verbo detemas de actualidade.
O documental aporta un punto de vista diferente verbo da situación
dos balseiros cubanos; producido polo Instituto Cubano de
Artes Cinematográficas, a obra reflexiona sobre a devandita
problemática ao tempo que deixa en entredito ás
transnacionais da comunicación. O vindeiro mércores
13 de Abril ás 19h.no Salón de Graos da Facultade
de Dereito.
|
Historia
do Nacionalismo
II Xornadas sobre Historia de Galiza
Por segundo ano consecutivo o Comité
de Historia, Historia da Arte e Xeografía realiza estas xornadas.
Este curso adicámolas de xeito monotemático á
historia do nacionalismo galego, contando con poñentes do
mundo académico e sectorial do nacionalismo.
Nestas xornadas concederase un crédito de libre configuración
ás/aos asistentes, que é válido para todas
as titulacións da USC.
Muller e sistemas literarios
Dende o Comité Aberto de filoloxía
queremos dar con esta mesa redonda unha visión analítica
da incidencia da muller no mundo literario, para iso
contamos cos seguinte poñentes:
- sistema literario galego: Pilar García Negro
- sistema literario portugués: M. Celisa Rodríguez
- sistema literario inglés: Laura Lojo
- sistema literario francés: Annick Boilève
Terán lugar o mércores 6 de abril ás 19:00
na aula 10 da facultade de
filoloxía. Ao día seguinte terá lugar a proxección
do filme As horas
ás 19:00 na aula 9 da Facultade de Filoloxía.
|