Imaxe da residencia Burgo
das Nacións no Campus de Compostela.
Os
CAF denunciamos a incom-patibilidade de bolsas no SUR Segundo a convocatoria do Servizo Universitario
de Residencias publicada pola USC para o curso 2005-06, todos
aqueles residentes que sexan beneficiarios dunha bolsa da
convocatoria xeral do Ministerio de Educación e Ciencia
serán incluidos, de xeito automático, na cota
F (a máis alta, sen ningún tipo de subvención).
Esta medida vén motivada pola definición, por
parte do MEC ,da incompatibilidade das devanditas bolsas coas
subvencións das residencias públicas.
O Comité de Dereito realiza este mércores
25 de maio unha conferencia sobre as saídas laborais
da titulación de Dereito. Nesta charla intervirán
Evaristo Nogueira Pol (decano do Colexio de Avogados de Compostela),
Dr. Gómez Segade (Catedrático de dereito mercantil
na USC) e o director da Academia Postal. Terá lugar
ás 20:00 no salón de graos.
Cartaz empregado polos CAF nas Eleccións
ás Xuntas dos Centro da USC.
Vinteun
anos loitando polos teus dereitos En primeiro lugar queremos mostrar a nosa
satisfacción xa que somos a organización que
máis candidaturas presentamos (168) e a que nun maior
número de centros temos presenza (20 dun total de 25).Tamén
queremos facer patente que, aínda que na maioría
dos centros non haxa eleccións, os CAF comprome-témonos
a traballar polo estudantado e a levar a cabo o programa que
cada comité elaborou.
Os CAF e os CAE organizan conxuntamente
unha festa-concerto que terá lugar o próximo
xoves 19 de maio dende as 20:30 na praza do Toural. Haberá
unha foliada e actuarán Fai Tun Flai, Túzaros
e Zënzar. Con esta actividade queremos reclamar que se
pode facer outra política educativa, lonxe da que fan
PSOE e PP coas súas leis (LOU, LOE...).
Concentración
en apoio ás carreiras humanísticas.
Para este mércores 11 de
maio ás 12:00 hai convocada unha concentración
de apoio á pervivencia das carreiras humanísticas
(Historia, Historia da Arte
e Humanidades) diante da facultade de xeografía,
historia e historia da arte. A túa asistencia é
moi importante. Unidos na loita acadaremos os nosos
obxectivos.
Imaxe empregada para o cartaz do
Ciclo de Cinema.
Comandante Ciclo de Cinema O
Comité de Dereito organiza a proxección do filme
Comandante dentro do seu ciclo de cinema. A proxección
terá lugar este mércores 11 ás 20:00
no salón de grao da facultade de dereito. Neste documental
Oliver Stone sondea a figura e os pensamentos máis
recónditos do lider cubano.
O Comité de Bioloxía
organiza unha exposición do fotógrafo brasileiro
Sebastiao Salgado nesta facultade baixo o lema TERRA. A exposición
estará durante todo o mes de maio na planta baixa da
facultade de bioloxía.
Violencia
de Xénero Rachando cos prexuízos
O comité de psicoloxía
organiza unha charla-coloquio sobre a violencia de xénero
o próximo martes 10 de maio ás 18:00 na sala
de xuntas (módulo A) da Facultade de Psicoloxía.
Nesta charla-coloquio intervirán: Celia Balboa (avogada),
Rosa Álvarez (psicóloga do centro social de
Vite) e Ramón Arce (psicólogo).
O Consello de Goberno da
USC decidiu aumentar as
Taxas do S.U.R. un 3,2 %.
Os CAF votamos en contra!
O
Consello de Goberno da USC e o SUR O pasado
4 de maio celebrouse un Consello de Goberno da USC. Neste
Consello un dos puntos a tratar era a proposta da equipa reitoral
de aumentar as taxas do SUR para o curso que vén un
3,2%, así como manter o mesmo número de prazas
para as cotas A e B. O noso posicionamento ante esta proposta
foi de rotundo rechazo, sendo os membros dos CAF no Consello
de Goberno os únicos que votaron en contra da mesma.
Faixa desplegada durante o peche
na Vicerreitoría.
Os
CAF represaliados por protestar A finais do curso pasado os CAF decidimos
comezar un peche na Vicerreitoría
de Estudantes da USC para protestar pola situación
de escurantismo que a equipa reitoral mantiña con respeito
á crise económica que atravesaba (e segue a
atravesar) esta universidade e de recurte de servizos da mesma.
No mes de decembro de 2004 recibimos unha notificación
da universidade onde se nos indica que temos que ser nós
quen se faga cargo dos gastos de seguridade derivados deste
peche, ascendendo a cantidade a 1040 €, sustraídos...
Moncho Valcarce O Crego das Encrobas O Comité de Historia, Historia
da Arte e Xeogra-fía dos Comités Abertos de
Escola e Faculdade do Campus de Compostela proxectará
o próximo mércores 4 de maio ás 20:00
horas este documental na aula 1 desta facultade.