á portada
á portada de de onde vimos?

á portada

envíanos un correo

imprimir

voltar

Cando os galegos votaron por si mesmos
Tal día como hoxe no ano 1936 a poboación galega refrendaba maioritariamente o seu primeiro Estatuto de Autonomía no marco da II República. Quedaban pouco máis de quince días para que o golpe de estado do xeneral Franco eliminase de vez non só o xermolo do proxecto nacional galego, senón a moitos dos que o fixeron posíbel. No medio do actual debate sobre a reforma do actual Estatuto como pretenden o PP e o PSdeG-PSOE ou a elaboración dun novo, como quere o BNG, unha ollada sobre as circunstancias na que se votou o Estatuto do 36 pode iluminar algunhas das chaves do presente político de Galiza.


Muxía, política na Costa da Morte, premio Mestre Mateo ao mellor documental
O filme Muxía, política na Costa da Morte realizado pola productora Zopilote, que foi proxectado entre outros sitios na Faculdade de Socioloxía da Coruña nun acto organixado polos CAF, recibiu o premio Mestre Mateo 2004 ao mellor documental na Gala de entrega que tivo lugar esta fin se semana no Pazo de Congresos de Santiago. Os premios Mestre Mateo, organizados pola Academia Galega do Audiovisual, tiveron como protagonista á serie de TV, As leis de Celavella, producida por Voz Audiovisual, que acadou nove premios, entre eles, a mellor serie, dirección artística, fotografía, maquillaxe, mellor actriz e mellor actor de reparto. Alfonso Hermida, presentador de do programa da TVG En Xogo conseguiu o premio ao mellor comunicador de televisión.


O poeta do exilio Lourenzo Varela,
elixido Letras Galegas o próximo ano
Na mañá do sábado a Real Academia escolleu o literato que será homenaxeado co Día das Letras 2005. O nome, xa agardado, foi o do poeta de Monterroso Lourenzo Varela, exiliado político en Europa e América durante case 40 anos. Este mesmo ano faise o 25 cabodano da morte doutros tres exiliados chave na nosa literatura: Blanco Amor, Seoane e Celso Emilio. Ademais, a Real Academia elixiu como académico correspondente o profesor ourensán Marcos Valcárcel.


Windows XP está xa dispoñíbel en galego
O Windows XP está xa dispoñíbel en galego, froito das reivindicación da Mesa pola Normalización Lingüística para que se desenvolvese o acordo asinado en xullo de 2003 entre a Xunta e Microsoft quen desenvolveu o LIP (Language Interface Pack) preciso para o seu sistema operativo; ademáis, a compañía lanzará logo do verán unha tradución para Office 2003. A partires do venres, os usuarios que posúan unha licenza legal de Windows XP poderán descarregar de balde desde os sitios "web" da Xunta e mais de Microsoft o 'software' que traduce o sistema ao galego.