á portada


á portada

envíanos un correo

imprimir

voltar






Emilio Suárez Valdés
Na nosa memoria sempre
[19/02/2006] Tal día coma hoxe hai uns trinta anos Emilio Suárez Valdés, membro do movemento estudantil nacionalista, morreu electrocutado cando penduraba unha faixa en solidaridade coas Encrobas no tellado da Universidade Laboral, uns cables eléctricos da Unión Fenosa que estaban onde non debían segaron a vida do noso compañeiro, a empresa nunca asumiu a responsabilidade.

Máis unha vez semente de vencer!!





Anteproxecto de LOU do PSOE,
Máis do mesmo
No curso 2001- 2002 apresetábase a Lei Orgánica de Universidades, unha lei centralizadora, privatizadora, que recurtaba os dereitos do estudantado e que suscitou as maiores mobilizacións do estudantado, e da comunidade universitaria en xeral, dos últimos anos e nas que Galiza foi modelo mobilizador a nível de todo o Estado.

· Artigo publicado n'O Manifesto



O 29 de Decembro o estudantado galego coa Selección nacional.

29-D Todos coa Selección !!
O pasado 29 de Decembro de 2005 tivo lugar o primeiro encontro da Selección Galega contra a Selección de Uruguay, o cal foi un éxito a todos os níveis, tanto no terreo deportivo, xa que Galiza gañou 3-2 a Uruguay cun xogo digno das mellores seleccións do planeta, como pola asistencia de público e por ser un grande acto de reafirmación do carácter nacional de Galiza.

· Galería de imaxes do partido



O 29 de Decembro o estudantado galego coa Selección nacional.

Seleccións Galegas, XA !!
Tras anos de reivindicación social, a ilusión dunha selección galega de fútbol é unha realidade e este xoves 29 de Decembro xoga o seu partido inaugural contra Uruguai.
A nosa organización xa esgotou as 150 entradas que reservara e ademais desplegará unha faixa co lema "O estudantado galego coa nosa Selección".

· Selección Ska / Xenreira + Nacho
· Artigo publicado n'O Manifesto
· Camisolas, chapas e imáns da zoca



21 de Decembro Paro Xeral
na Universidade Galega a partir das 12.

Paro Xeral na Universidade Galega
O próximo 21 de Decembro os Comités Abertos de Escola e Faculdade convocamos a todo o estudantado universitario galego a unha xornada de Folga a partir das 12:00 h, e ás concentracións que terán lugar en todos os Campus do País con motivo deste paro.

· Táboa reivindicativa da Campaña
· O Manifesto | Outono '05
· Cartaz para o Paro do 21 - D


Inaugúrase a tenda virtual deste sitio, nela atoparás as novidades do material que os CAF temos á venda, enviaremos-che a encomenda a túa casa sen nengún coste adicional





Queremos estudar con dignidade !!
A primeira campaña nacional da organización maioritaria do estudantado galego neste curso.

Esta campaña nace como resposta a unha problemática que se vén dando entre os e as estudantes, xa que cada vez se complican máis as condicións de estudo no Sistema Universitario Galego. Os CAF centramos este inicio de curso nunha serie de demandas respecto das taxas, as bolsas e as residencias universitarias...



Imaxe do Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.

25 de Novembro
Con motivo do día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres a Comisión da Muller dos CAF ven de organizar unha serie de actividades para a conmemoración deste día, proxección de filmes, mesas redondas e xornadas...

· Panfleto do 25 de Novembro
· Artigo publicado n'O Manifesto
· Cartaz da Campaña deste ano



Imaxe do Festival de Outono 2005 que organizamos xunto coa Universidade da Coruña.

Festival de Outono / 05
Os Comités Abertos de Escola e Faculdade, organización maioritaria do estudantado galego organizou o pasado xoves 10 de novembro un Festival de inauguración de curso nos concertos participou: Marquinhos Drinkin, Os 3 Trebóns e o Vendaval do Rosal, o conxunto de Aríns Ruxe-Ruxe, e o grupo de hip-hop Non Residentz...

· Galería de Fotografías
· Cartaz do Festival de Outono
· Cobertura informativa