á portada


á portada

envíanos un correo

imprimir

voltar



Durante os días 3, 4, 5 de maio os Comités Abertos de Escola e Faculdade do Campus de Lugo organizan unha Xornadas sobre o novo EEES


Os Comités Abertos de Escola e Faculdade participamos o día
5 de Maio nunhas xornadas sobre Universidade e Movementos sociais organizados polo SEC na Universidade de La Laguna



Portada do número especial do día da patria galega (25 Xullo) do 2005.

Día da patria 2005
Os Comités Abertos de Escola e Faculdade, organización maioritaria do estudantado galego participamos da celebración do Día da Patria Galega o pasado 25 de Xullo, tanto no Festigal '05 como na Manifestación dese mesmo día polas ruas de Compostela e editamos un número especial con motivo deste día.

· Edición especial 25 de Xullo
· Páxina web do Festigal 2005



Especial dos CAF sobre o proceso de Boloña

Concentracións contra a Proposta de Catálogo de Titulacións

Polo mantemento da titulacións humanísticas
Os Comités Abertos de Escola e Faculdade queremos poñer en coñecemento do seu medio o noso posicionamento contrario á proposta de catálogo de titulos da CRUE, nomeadamente a proposta da Subcomisión de Humanidades que elemina as titulacións de Historia da Arte, Humanidades e funde as titulacións de Filoloxía. É curioso como no caso das titulacións vinculadas aos coñecementos humanísticos sexa onde se dea a maior transformación no catálogo de títulos de grao.



Imaxe que a nosa organización utilizou para evidenciar a responsabilidade da represión.

STOP á represión
O membro dos Comités Abertos de Escola e Faculdade e militante de Galiza Nova detido onte na inauguración de Galiemprego recobrou a liberdade ás 21:00 da noite do 28 de Abril, despois de declarar ante o xuíz nos xulgados composteláns de Fontiñas...

· Comunicado nacional de imprensa
· Video Galiemprego | Reproductor



Imaxe do cartaz dos CAF
para a nosa campaña contra
a ampliación do CAP.

Que non te CAPen, paremos a reforma do CAP !
Unha das últimas medidas que nos deixou en herdanza o anterior goberno central do PP en materia educativa ao estudantado galego foi o Real Decreto de desenvolvemento da Lei de Calidade do Ensino (Lei Orgánica Calidade Ensinaza) que reforma o actual C.A.P. (Curso
de Aptitude Pedagóxica), ampliando até os
dous anos a súa duración.

· Triptico informativo sobre o CAP



Especial dos CAF sobre o proceso de Boloña

Especial dos CAF sobre o Espazo Europeo de Esucación Superior.

Novo Especial
Os CAF-CAEF vimos de elaborar un novo especial sobre o Proceso de Boloña.
Na imaxe que aparece enbaixo do menu tedes a ligazón permanente a este especial, recolle o posicionamento e documentación propria, artigos de opinión sobre este Proceso, Documentación de ambito estatal e europeu, a lexislación elaborada até o momento e as ligazóns aos especiais das Universidades Galegas, tentaremos que se poida actualizar en tempo real, para manter informado ao estudantado en todo momento.

· Especial de Boloña dos CAF-CAEF