|



|
En defensa dos nosos
rios
Os Comités Abertos de Faculdade, xunto
con outras organizacións, estamos levando a cabo unha campaña
de información e recollida de sinaturas para presentar no
parlamento galego unha iniciativa lexislativa popular pola dedefensa
dos nosos ríos porque temos a convicción de que a
política hidroeléctica practicada pola Xunta de Galiza
e Unión Fenosa foi, está e será, senón
a frenamos, altamente destructiva cos nosos ríos en particulara
e co noso medio ambiente en xeral.
De levarse a termo todos os proxectos hidroeléctricos
previstos, só o río Sor quedaría exento da
explotación hidroeléctrica. Galiza, porén,
ven xa producindo arredor da cuarta parte de toda a enerxía
hidroeléctrica que se xera no Estado e esta a enviar fóra
mais da terceira parte da enerxía que xenera; unha enerxía
pola que temos pagado e estamos pagando enormes e irreversíbeis
impactos ambientais, sociais e económicos, sen que a cambio,
teñamos percibido contraprestación algunha:
• Nen en calidade do servizo: aínda son moitas as zonas
de Galiza con deficiente suministro, mesmo para vivendas.
• Nen en prezo: pagamos en Galiza o mesmo prezo que en calquera
parte do Estado, co que ademáis de soportar os impactos,
estamos tamén financiando os custos e as perdas que ocasiona
o transporte da enerxía fóra de Galiza.
• Nen en creación de riqueza, industrias ou postos
de traballo: a provincia de Ourense, onde hai máis de vinte
encoros, algúns con xa 50 anos, segue sendo das máis
pobres do Estado.
• Nen tampouco sequera en forma de redistribución,
a través dos impostos fiscais, dos beneficios empresariais,
pois nada recadamos aquí dos ímpostos sobre as enormes
plusvalías que as eléctricas xeneran a conta dos recursos
naturais dos nosos ríos (e dos nosos montes), creándose
así apariencia de que é Galiza un país pobre
que necesita ser subsidiado.
Nada, polo tanto, ten de xusto que, despóis de ter pagado
tan graves impactos por esta xeneración eléctrica
e con todos os nosos montes entregados hoxe á expoliación
eólica sen sequera reparo algún polos espazos protexidos,
teñamos que seguir sacrificando o pouco que queda de mellor
conservado dos nosos ríos. Os ríos galegos, a costa
de graves impactos ambientáis, teñen contribuido ao
desenvolvemento económico do resto do Estado moi por riba
do ambientalmente sostíbel. Ningunha excusa pode haber para
seguir entregando os nosos ríos ao negocio e á especulación
das empresas eléctricas. Non podemos seguir deixando os nosos
ríos en mans dun negocio hidroeléctrico que destrúe
o noso patrimonio e as nosas riquezas naturais para o seu propio
beneficio.
Os ríos son a seiva nutriza de Galiza: axuda a conservalos
para nós e para as futuras xeracións. Apoia a proposta
de Lei de iniciativa popular para protección, a conservación
e a mellora dos ríos galegos.
|