á portada
á portada de de onde vimos?

á portada

envíanos un correo

imprimir

 



Marcha contra Celulosas
[6/06/06] Os CAF chamamos á participación do estudantado na marcha convocada pola "Asociación Pola Defensa da Ría" de Pontevedra, conscientes da necesidade de eliminar da nosa Ría o importante foco de contaminación que supón a presenza do complexo ENCE-ELNOSA. Porque a recupe-ración da ría, a saúde e os postos de traballo non poden agardar máis...

Sábado 10 de xuño ás 19:30 con saída da Alemeda de Pontevedra.


A ILP ten xa 38 995 sinaturas validadas

O noso deber como defensores da natureza é salvagardar da desfeita e o aniquilamento o patrimonio natural que constitúen os nosos ríos galegos. Agora asumimos a responsabilidade de que, presentando cantas máis sinaturas, podemos incitar a que os governantes muden a política que está a inzar de minicentrais e encoros os poucos ríos que nos quedaban intactos.

A forza dunha simple sinatura ten un valor incalculábel. E a de miles de sinaturas vai valer para demostrar que tamén temos dignidade como pobo. O noso futuro tamén está na conservación dos ríos.



Especial dos CAF sobre o proceso de Boloña

En defensa dos nosos rios
Os Comités Abertos de Faculdade, xunto con outras organizacións, estamos levando a cabo unha campaña de información e recollida de sinaturas para presentar no parlamento galego unha iniciativa lexislativa popular pola dedefensa dos nosos ríos.

· As razóns da ILP | O texto da ILP
· Páxina da ILP en defensa dos rios