á portada
á portada de de onde vimos?

á portada

envíanos un correo

imprimir

voltar

Militarismo fóra da Universidade

O martes 13 tivo lugar na Faculdade de CC. da Comunicación de Pontevedra unha xornada de propaganda militarista, supostamente dirixida a estudantes, e na que participaban representantes do Ministerio de Defensa e dp CNI. Realizamos unha grande campaña de información antimilitarista entre o estudantado e participamos dun boicot ao propio acto, expresando a nosa repulsa e conseguindo que os militares abandoaran sala.

O máis grave: no acto había uns 3 estudantes, o resto do aforo (unhas 60 persoas) eran militares uniformados.

É DICIR, A FACULDADE FINANCIOU UNHAS XORNADAS DE FORMACIÓN PARA MILITARES!

Este acto non pasou por ningún órgao de governo universitario. Mais nós si que levaremos a eses organismos as nosas protestas.


CAF Informa

MILITARISMO FÓRA DA UNIVERSIDADE!

O martes 13 de Novembro terá lugar na Facultade CSC (Pontevedra) a xornada de propaganda militarista “Políticas de seguridade no marco da cultura de defensa”, dirixidas a estudantes, e na cal intervirán representantes do ministerio de Defensa e do CNI. Non é a primeira vez a nosa Facultade acolle actos militaristas.

Os CAF de Pontevedra expresamos:

1) A repulsa do estudantado á celebración na Universidade de actos de propaganda militarista e enaltecemento do exército, disfrazadas de xornadas académicas, as cais chegan a incluír unha “excursión” á base militar de Marín.

2) Repudiamos o militarismo, entendido como a intervención das estruturas militares na vida civil e as súas nefastas consecuencias, guerras coloniais, a negación de identidades colectivas, transmisión de valores retrógados, lexitimación das inxustizas e máis como instrumento para a dominación.

3) Denunciamos o incremento dos gastos militares nos Orzamentos Públicos, que este ano acadará o 4,27% dos orzamentos xerais do Estado. Pola contra, os estudantes temos que pagar maiores taxas académicas ano tras ano.

4) Condenamos o papel histórico do Exército Español, partícipe de guerras coloniais no pasado e no presente (OTAN, invasión de Irak e Afganistán...), moitas veces camufladas coa falsa excusa da axuda humitaria.

5) No noso caso particular, elemento negador da nosa soberanía nacional e factor activo na pervivencia de elementos reaccionarios, contrarios á convivencia pacífica e igualitaria entre os pobos.

6) Rexeitamos que a Universidade Pública sirva como plataforma propagandística para o reclutamento entre o estudantado galego.

Os CAF ESIXIMOS A CANCELACIÓN do acto e presentaremos estas demandas perante a Xunta de Faculdade e institucións académicas para que non volva a suceder.

ANIMAMOS A TODAS AS ESTUDANTES A NON PARTICIPAR NESTE ACTO MILITARISTA