á portada
únete aos CAF
servizo de correo-e

imprimir

Polo dereito a vivirmos en galego

As aulas na
Galiza querémolas
en galego!

[15/05/08] Os Comités apoiamos a manifestación nacional "Polo dereito a vivirmos en galego" que convoca A Mesa pola Normalización Lingüística para este domingo 18 de maio.

· Apoia o Manifesto


[4/05/08] Os Comités Abertos de Estudantes e os Comités Abertos de Escola e Faculdade convocamos para o próximo 10 de maio na Coruña a Asemblea Nacional Constituínte da Nova Organización do estudantado galego baixo o lema Organizando o estudantado de hoxe para a Galiza de mañá e que procura unir o estudantado de ensino medio e de universidade nunha única organización.





Eleccións ao Claustro na Universidade de Vigo
[4/05/08] O estudantado dos Campus de Ourense, Pontevedra e Vigo está chamado ás urnas o próximo 20 de maio para escoller aos seu representantes no Claustro da Universidade de Vigo e nos Consellos de Departamento.


[3/05/2008]
Nos próximos días abriremos unha nova galería de fotos

En breve estará dispoñíbel unha nova galería con fotos das mobilizacións que tiveron lugar este pasado 29 de Abril durante a xornada de Folga Estudantil convocada polos CAF e os CAE.





Grande éxito das mobilizacións contra a suba das Taxas!
[29/04/08] Aulas baleiras e masivas mobilizacións, máis unha vez, en todo o País para parar a suba das Taxas son o saldo máis que positivo desta xornada de Folga.





II Curtas GZ
[17/04/08] O Comité de CC. SS. e da Comunicación dos CAF de Pontevedra volven organizar as Xornadas da Curtametraxe Galega -curtas.gz- desta volta serán os días 5 e 6 de maio na Faculdade Ciencias Sociais de Pontevedra e polas que temos solicitado 1 crédito de libre elección para estudantes de toda a Uvigo, a matrícula é de balde.

· Matricúlate aquí!





A UdC posiciónase
contra a suba das taxas de matrícula no SUG
[17/04/08] O Claustro da UdC posiciónase contra a suba das taxas sen votos en contra e grazas a unha petición unitaria dos representantes de estudantes neste órgano.





Eleccións ao Claustro da USC
[17/04/08] No Claustro a nosa acción destacou sobre as demáis levando a voz do estudantado ás institucións, sendo oposición ás políticas do reitorado. Por iso, nestas eleccións, votar aos candidatos e ás candidatas dos CAF é a mellor maneira de reforzar a loita por unha universidade pública, galega e de calidade. Cun amplo grupo de claustrais dos CAF, ficará garantido que os problemas do estudantado serán escoitados no Claustro e que a política do reitorado recibirá unha forte resposta.


[30/03/08]
Polo dereito a estudarmos en galego
Os Comités Abertos de Escola e Faculdade apoiamos a manifestación nacional "Polo dereito a vivirmos en galego" que convoca A Mesa pola Normalización Lingüística para o 18 de maio.





Despenalización do aborto
[29/03/08] O Comité de Dereito dos CAF da Coruña teñen programado un debate en torno á despenalización do aborto coa participación de Ana Pontón (BNG), Laura Seara (PSOE), Susana López (PP) e Luz María Puente (Profesora de Dereito Penal da UdC) terá lugar no Salón de Graos de Dereito ás 12:00 h do Mércores 2 de Abril.

· Cartaz do debate





Ciclo de Cinema:
Terra e Revolución!

[24/03/08] O Comité de Filoloxía da Coruña celebrará todos os mércores 2, 9, 16 e 23 de abril o III Ciclo de Cinema: Terra e Revolución para o que temos solicitado 1 crédito de libre elección. As sesións terán lugar ás 16:30 no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña.

· Cubertas todas as prazas!





Exclúen á CIG dos Consellos Sociais das Universidades
[20/03/08] A Consellaría de Educación decide ilegalmente excluir á CIG (2ª forza sindical na Galiza) dos Consellos Sociais das Universidades Galegas.





Imprimir en Ciencias,
Misión imposíbel!
[12/03/08] Os Comités Abertos de Escola e Faculdade de Ciencias no Campus de Vigo veñen de iniciar unha campaña para denunciar o mal funcionamento dos servizos de impresión das aulas de informática e reprografía e demandar ao decanato unha solución a este problema.

· CAF Informa da Campaña





10 de Marzo, Día da Clase
Obreira Galega

[10/03/08] Contra a carestía da vida salarios dignos. A CIG convoca para o día da Clase Obreira Galega unha marcha que partirá ás 19:30 horas do local do sindicato en Ferrol e rematará no Cantón.


[8/03/08]
Charla-Coloquio: A violencia machista
O Comité de Dereito de Compostela organiza unha charla coloquio sobre violencia machista o próximo mércores 12 de marzo ás 20:00 h na aula 2 da Facultade de Dereito coa participación de María do Pilar García Negro e Raquel Castillejo Manzanares.





Día das Mulleres
[8/03/08] Pese as prohibicións gubernamentais, as mulleres, na Galiza, estivemos na rúa este 8 de Marzo. Non podíamos quedar na casa e caladas, non nos podían silenciar, sobre todo no día internacional da nosa loita, no dia internacional das mulleres.


[8/03/08]
A historia da Marcha Mundial das Mulleres
O Campus da Coruña dos CAF organiza para o luns día 10 de marzo, ás 20:30 h na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda sita na rúa Olmos 16-18 1º, unha proxección-coloquio sobre a historia da Marcha Mundial das Mulleres coa participación de Pura Ferreño da Coordenadora nacional da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza.





Xornadas de Economía
Alexandre Bóveda

[27/02/08] O Comité de Económicas, ADE e Empresariais dos CAF e a Asociación de Estudantes por unha Economía Galega "Roi Xordo" da Coruña organizan para os próximos días 11, 12, 13, 26, 27 de marzo e o 3 de abril polas que están solicitados 2 créditos de libre elección pola UdC.

· Matricúlate nas Xornadas





Múdao!
[29/01/08] Os Comités Abertos de Escola e Faculdade comezamos esta campaña na véspera dos exames de Febreiro para evitar que máis unha vez se salten os nosos dereitos lingüísticos: Temos dereito a que nos dean os nosos exames en galego!





O CXG posiciónase contra a suba das TAXAS!
[28/1/08] O Consello da Xuventude de Galiza aprobou este sábado unha iniciativa dos CAF na que se pedía á Consellaría de Educación a conxelación da suba das Taxas para o vindeiro curso.


[28/1/2008]
Xa podes solicitar o voto por correo para as Eleccións Xerais
Se resides no estado español podes solicitar o voto até o 28 de Febreiro e se estas temporalmente fóra, por exemplo de ERASMUS, tes para solicitar o voto por correo até o día 9 de Febreiro.





Aborto Libre e Gratuito na
Sanidade Pública!

[22/1/08] Os Comités Abertos de Escola e Faculdade apoiamos as concentracións que o próximo mércores 23 de xaneiro às 20hs a Marcha Mundial das Mulleres convoca varias cidades do país para reclamar o dereito ao Aborto.





Proxección + Coloquio
[16/01/08] O Comité de Dereito do Campus da Coruña ven de organizar para o xoves 17 de Xaneiro a proxección do filme documental "Voces contra a globalización nun mundo desigual" que terá lugar no Salón de graos da Facultade de Dereito.





I Xornadas Lingua Literatura e Nación Carvalho Calero
[14/12/07] O Comité de Filoloxía da Coruña organizou para os días 16, 17 e 18 de Xaneiro as I Xornadas Lingua, Literatura e Nación: "Ricardo Carvalho Calero" que se desenvolverán no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía da Coruña. A matrícula é de balde, e o prazo para se apuntar é até o día 16 de Xaneiro ás 16:00 horas. Están solicitados 2 créditos de Libre Elección pola UdC.


[5/12/2007]
Comunicado dos CAF de Políticas sobre a folga do Mércores 5
Os CAF de Políticas teñen a ben desmentir o publicado o Mércores pasado no xornal "La Voz de Galicia". Os CAF non convocaban a Folga do día 5 senon que o facía a Plataforma polo NON na que estamos todos os estudantes que amosamos o noso rexeitamento ao plano de estudos imposto polo decanato.





Paremos o plano de Políticas!
[3/12/07] O Comité de Políticas dos CAF informa sobre o cambio do plano de estudos. Ante a caótica situación que a nosa facultade está a padecer, os CAF queremos denunciar: que a nosa postura sempre estivo, está, e estará en contra da imposición antidemocrática e homoxeneizante do denominado EEES.

· Contra a imposición do Decanato





Eleccións a Reitor na UdC
[30/11/07] Os Comités Abertos de Escola e Faculdade como organización estudantil temos a obriga de valorar e facer pública a nosa posición ante o proceso aberto na Universidade da Coruña para a Elección do Reitor para os vindeiros 4 anos.


[23/11/2007]
25 de Novembro / Por un futuro de IGUALDADE
Respéctame. As miñas diferencias, os meus desexos, a miña sexualidade, a miña historia, a miña capacidade de decidir, de pensar, de traballar, de gozar; de decidir sobre a miña vida, a miña sexualidade, as miñas amizades, os meus estudos, o meu traballo; sen imposicións, sen malos tratos, sen discriminacións, sen violencia, sen estereotipos, sen sexismo, sen machismo...





Paremos a suba das Taxas!
[23/11/07] O Xoves 22 de Novembro estregamos as máis de 10000 sinaturas que recollemos en todos os Campus do País e para exixir unha reunión coa Consellaría de Educación que finalmente a reunión terá lugar o Martes 27 ás 10:00 h da maña.

· Cobertura mediática Nacional
· Galería de fotos da Concentración


[21/11/2007]
Novas Imaxes das Mobilizacións contra a suba das Taxas

Tendes ao clicar nas fotos de enriba, unha galería fotográfica das mobilizacións convocadas polos CAF-CAEF contra a suba das Taxas de matrícula.





Benvida señora Ministra
[17/11/07] Recibimos con apupos á Ministra de Educación e Ciencia na súa visita á cidade da Coruña este sábado. Protestamos contra a suba das taxas, pedimos a tranferencia da política de bolsas e denunciamos as consecuencias da aplicación do Plano Boloña na Galiza.


[16/11/2007]
Comunicado Nacional
Transcorrido o prazo que lle dimos á Consellaría de Educación para fixar unha data para negociar a paralización do incremento das Taxas a nosa organización convoca ao estudantado galego a unha Concentración Nacional en Santiago de Compostela para entregar as sinaturas e exixir que se atendan as nosas xustas reivindicacións.





Entrega das Sinaturas
[16/11/07] O próximo 22 de Novembro ás 12:30 h durante a celebración da Concentración Nacional, faremos entrega das máis de 10000 sinaturas que conseguimos para parar a suba das Taxas, animo que temos que conseguilo!!





Militarismo
fóra da Universidade

[15/11/07] O martes 13 tivo lugar na Faculdade de CC. da Comunicación de Pontevedra unha xornada de propaganda militarista, supostamente dirixida a estudantes, e na que participaban representantes do Ministerio de Defensa e dp CNI. Realizamos unha grande campaña de información antimilitarista entre o estudantado e participamos dun boicot ao propio acto, expresando a nosa repulsa e conseguindo que os militares abandoaran sala.


[13/11/2007]
Anótate para ir en bus á Concentración Nacional

Os Comités Abertos de Escola e Faculdade facilitarán a viaxe a Compostela para asistir á Concentración Nacional poñendo buses de balde desde os Campus. Para anotarte só tes que cubrir o formulario que aparece ao clicar arriba.





Xoves 22 ás 12:30 h
Concentración Nacional
[12/11/07] Xa que a Consellaría de Educación non dá fixado unha data para negociar a paralización da suba das Taxas facémolo nós, o Xoves 22 ás 12:30h Concentración Nacional diante da Consellaría (San Caetano), que nos reciban ese día!

· Cartaz Nacional da Concentración





Magosto'07
Castañazo ás Taxas
na Coruña
[12/11/07] O Comité de Filoloxía dos CAF-CAEF no Campus da Coruña vén de ultimar os detalles para a celebración do seu Magosto, este ano focalizado na loita pola paralización da suba das Taxas de matrícula. A celebración será coma sempre na Cafetaría da Faculdade de Filoloxía, o próximo 23 de Novembro a partir das 21:00h e haberá viño, castañas e cervexa de balde.





Magostos no
Campus de Lugo

[12/11/07] Os compañeiros do Campus de Lugo organizan para este Mércores 14 a partir das 19:00h o seu xa tradicional Magosto dedaixo da Cafetaría da Escola Politécnica, non o podedes perder!


[7/11/2007]
Galería Fotográfica das Mobilizacións contra a suba das Taxas

Tendes ao clicar nas fotos de enriba unha galería fotográfica das mobilizacións convocadas polos CAF-CAEF contra a suba das Taxas de matrícula.





Magostos contra
a suba das TAXAS
[7/11/07] Os Magostos dos CAF terán este ano un especial contido reivindicativo e contra a suba das Taxas no Campus de Ourense será o Xoves 8, e no da Coruña o Venres 23 na Faculdade de Filoloxía.


[31/10/2007]
Continuamos coa recollida de sinaturas

Debido á grande aceptación que tivo a recollida de sinaturas en todo o País, os Comités Abertos de Escola e Faculdade imos seguir recollendo sinaturas en contra da suba das Taxas para que sexamos cantos máis mellor. Xa van máis de 9000!!!! Animo e asinade.





Grande éxito nas concentracións contra a suba das Taxas
[31/10/07] Aulas baleiras en todo o País e masivas mobilizacións contra a suba das Taxas son o saldo positivo desta xornada de Folga Estudantil convocada polos Comités Abertos de Escola e Faculdade. Agradecemos tamén ao estudantado galego o seu compromiso coa campaña dos CAF-CAEF tanto na recollida de sinaturas como nas mobilizacións.





Cobertura mediática
[26/10/07] Arquivo de prensa das novas que os medios escritos e dixitais publicaron en distintas edicións durante todo o mes para cubrir a previa da convocatoria de Folga Estudantil do 31 de Outubro en contra da suba das taxas académicas.


[23/10/2007]
Anuncio da Folga realizado polo Campus de Pontevedra

Os compañeiros de Audiovisuais de Pontevedra veñen de colgar no youtube un anuncio que fixeron da Folga do 31 de Outubro en contra da suba das taxas universitarias.





Máis mobilizacións
[23/10/07] Ademais das mobilizacións xa convocadas na Coruña e Compostela, os compañeiros de Pontevedra convocan unha caceirolada diante da Consellaría de Educación ás 12:00 h e nos Campus de Ferrol, Lugo, Ourense e Vigo tamén se convocarán actos reivindicativos para o propio día 31 de Outubro.

· Cartaz da Caceirolada





Consellaría de
Educación, culpábel!
[22/10/07] Vimos de solicitar unha reunión coa Consellaría de Educación que agardamos teña lugar na próxima semana para intentar solucionar o conflito que crearon con estas subas inxustificadas e abusivas.


[22/10/2007]
Asina para parar a suba das taxas!!

Os CAF-CAEF estamos a recoller sinaturas en todas as Escolas e Facultades do país, mais se aínda non tiveches opurtunidade de asinar e concordas coa nosa demanda podes asinar a traves desta páxina.





Mobilizacións
[19/10/07] O Campus de Compostela e máis o Campus d'A Coruña dos CAF-CAEF veñen de convocar concentracións para o día 31 de Outubro ás 12:00 h. na Praza do Toral en Compostela e á mesma hora nos Novos Ministerios na Coruña.





31 de Outubro,
Folga Estudantil!
[1/10/07] Por mor da suba das taxas decretada pola Consellaría de Educación a nosa organización está a desenvolver unha intensa campaña de comezo de curso na que chamamos á Folga o día 31 de Outubro.

· Cartaz da Nacional da Folga
· Panfleto Nacional da Campaña





Novo número d'O Manifesto
[25/07/07] O número 19 d'O Manifesto analiza exahustivamente e por ámbitos de coñecemento: ciencias sociais e xurídicas, experimentais e da saúde, ámbito tecnolóxico e tamén o humanístico; as implicacións do proceso de Boloña na Galiza, analízanse os atrancos para o acceso ao ensino superior e a situación da nosa lingua.

· O número 19 d'O Manifesto


[29/06/2007]
Comunicado de prensa contra a suba das taxas

Os Comités Abertos de Escola e Faculdade e a organización xuvenil Galiza Nova fixeron pública nun comunicado a súa posición contraria á suba das Taxas Académicas decretadas para o curso 2007-2008 pola Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria.





Soben as Taxas!
[27/06/07] Debido á recente comunicación, en rolda de prensa, por parte Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria dunha suba no prezo das Taxas Académicas das Univerisdades de SUG, queremos manifestar a nosa total oposición a este incremento desproporcionado e inxusto que supon máis un obstáculo para o acceso universal á educación superior. As Taxas soben 4 puntos con respecto ao ano pasado na primeira matrícula, e sobre esta a segunda un 15% a terceira un 35% e da cuarta para diante un 50%.


[27/06/2007]
Manifestación polo día do Orgullo LGTB

O sábado 7 de xullo ás 20.00h con saída da Alameda e remate na praza da Quintana á que lle seguirá a Festa-concerto a partir das 22:00h con Projecto Mourente, The Homens e Nancy Rubias.





Libre Impresión!
[5/06/07] Os Comités Abertos de Escola e Faculdade do Campus d'A Coruña estamos a desenvolver en varios centros unha campaña contra o sistema de control das impresións nas aulas net. Este sistema estase a implantar en practicamente todos os centros e supón a concesión encuberta dun servizo que até o de agora xestionaba directamente a UdC.

· Ligazón a Campus d'A Coruña





Fichas de Profesorado
[5/06/07] Os Comités Abertos de Escola e Faculdade están a repartir en varios centros da UdC unhas fichas de profesorado para simplificar as reclamacións por absentismo do profesorado ou por incumprimento da normativa académica.


[17/05/2007]
Nova actualización do especial dos CAF sobre o EEES

Os Comités Abertos de Escola e Faculdade (CAF-CAEF) poñemos á vosa disposición este espazo na web para informarvos sobre o que o EEES significa para o Ensino Superior na Galiza / bolonha@comitesabertos.org


[17/05/2007]
Os CAF-CAEF no programa da Radio Galega As Quimbambas

O Comité de Xornalismo de Compostela tivo oportunidade de dirixir o programa das Quimbambas emitido en directo desde a Facultade de CC. da Comunicación da USC o día anterior ao día das letras galegas. Podedes escoitar o programa na páxina web da crtvg.





Tíralles da Lingua
[11/05/07] Os Comités Abertos de Escola e Faculdade están a desenvolver unha campaña baixo o lema "É a túa quenda, Tíralles da Lingua", a campaña pon de relevo a necesidade de que sexa o estudantado quen faga realidade os Planos de Normalización Lingüística das tres Universidades así como o seu principal protagonista.

· Panfleto Nacional sobre Lingua





Acceso á Universidade
[11/05/07] Os Comités Abertos de Estudantes xunto cos Comités Abertos de Escola e Faculdade están a desenvolver unha intensa campaña contra os atrancos académicos para o acceso ao ensino superior: a Selectividade e a Limitación de Prazas.