|
Os CAF organizan unhas
Xornadas sobre a Globalización
Os Comités Abertos de Escola e Faculdade
da Faculdade de CC. Económicas e Empresariais da Coruña
organizan unhas Xornadas sobre a globalización co seguinte
programa no que destaca a conferencia de Xosé Manuel Beiras
(Catedrático de Estructura Económica da USC e Presidente
do Consello Nacional do BNG), así mesmo e de salientar que
se concedera un crédito de libre configuración pola
UdC a todo aquel que se matricule e asista as charlas. A Matrícula
e Gratuíta e se realizará unha hora antes da primeira
conferencia en postos que os CAF colocaran á entrada da Faculdade
e do proprio Salón de Graos.
PROGRAMA DAS "XORNADAS
SOBRE A GLOBALIZACIÓN"
DATA: 20 e 21 de Abril
LUGAR: Aula Magna e Salón de Graos da Facultade de Económicas.
Martes 20 de abril do 2004
10:45 h Apresentación
Salón de Graos
11:00 h Conferencia de:
Manuel Mera Sánchez (Secretario de Formación Sindical
e Migración da CIG e representante da mesma no FSM).
14:00 h Tempo para perguntas e intervencións.
Salón de Graos
14:30 h Conferencia de:
Carlos Ballesteros (Profesor da U.P. de Comillas Empresario e defensor
da integración étnica e a alter-globalización)
20:00 h Tempo para perguntas e intervencións.
Mércores 21 de abril do 2004
Salón de Graos
11:00 h Conferencia de:
Antonio López Rivera (Secretario Comarcal de CIG-Metal en
Ferrolterra e Traballador de Izar)
14:00 h Tempo para perguntas e intervencións.
Aula Magna
16:30 h Conferencia de:
Xosé Manuel Beiras Torrado (Catedrático de Estructura
Económica da USC)
20:00 h Tempo para perguntas e intervencións.
voltar á portada
Reválida
e Aceso á Universidade
Os Comités Abertos de Estudantes (CAE)
e os Comités Abertos de Escola e Faculdade (CAF), queremos
facer patente o noso profundo rexeitamento do Real Decreto de desenvolvimento
da Lei de Ordenación da Calidade do Ensino (LOCE) que, aprobado
polo Consello de Ministros do Governo central o pasado venres, 19
de Decembro, regulará o aceso ao ensino superior a partir
do próximo ano 2005.
Os Comités Abertos de Estudantes (CAE) e os
Comités Abertos de Escola e Faculdade (CAF), queremos facer
patente o noso profundo rexeitamento do Real Decreto de desenvolvimento
da Lei de Ordenación da Calidade do Ensino (LOCE) que, aprobado
polo Consello de Ministros do Governo central o pasado venres, 19
de Decembro, regulará o aceso ao ensino superior a partir
do próximo ano 2005.
As “novidades” anunciadas no Real Decreto
veñen-nos dar a razón a aquelas/es que desde a comunidade
educativa viñemos denunciando a falsidade dos anúncios
da Ministra de Educación, Pilar del Castillo, proclamando
“a fin da selectividade”.
O feito de desapareceren as PAAU actuais non implica
que desaparezan as trabas de aceso ao ensino superior, que é
o que a maioria do estudantado galego veu demandando nas últimas
duas décadas. Moi ao contrário, con esta “reforma”
a selectividade actual non só non desaparece senón
que se multiplica: ainda que aprobemos todas as matérias
do Bacharelato e obteñamos un bon expediente, as/os estudantes
veremos como se nos volve examinar outra vez de todo o anterior
antes de que nos den o noso título.
Mais, como se a reválida non fose suficiente, agora resulta
que as universidades tamén poderán fixar os seus próprios
critérios de selección e aceso, que poderán
ir desde unha proba escrita até unha simples entrevista persoal.
Este non só será un sistema pouco obxectivo e onde
se poden ver en perigo os princípios de igualdade, mérito
e capacidade; trata-se, ademais, dunha perigosa via para a criazón
de centros e titulacións de primeira e de segunda en universidades
públicas, onde determinadas e determinados estudantes non
nos poderemos matricular ainda que teñamos Bacharelato aprobado.
E todo isto sen contar coa selectividade económica (taxas
e prezos públicos a cada máis elevados; bolsas a cada
máis insuficientes), que non desaparecerá precisamente.
Asi mesmo, rexeitamos o fundo carácter centralista
que o MEC dará á futura PGB, impondo-a como proba
única para o estudantado de todo o Estado cuns mesmos contidos
fixados polo próprio Ministério, dando só a
concesión ás “comunidades con lengua co-oficial”
de incluiren a maiores unha proba referida á língua
e á literatura próprias. Ve-se claramente como o PP
quer voltar para o franquismo non só nas formas, mais tamén
no fundo.
Os CAE e os CAF facemos un vivo chamamento a toda
a comunidade educativa da Galiza para, no marco da Plataforma Galega
pola Defesa do Ensino Público, da que facemos parte, artellar
unha resposta contundente diante das lesivas políticas educativas
do Governo Central do Partido Popular e do desleixo e incapacidade
da Xunta á hora de defender as suas competéncias exclusivas
en matéria educativa.
Os CAF
Denuncian que a Xunta Adicará Menos Cartos a Educación
Recentemente foron aprobados no Parlamento
da Galiza os Orzamentos Xerais da Xunta para o ano 2004 grazas aos
votos do Grupo Parlamentar do PP, que rexeitou os centos e centos
de emendas apresentadas pola Oposición.
Os Comités Abertos de Escola e Faculdade (CAF) queremos denunciar,
máis un ano, que os novos orzamentos dedicarán menos
cartos ao ensino público e, en xeral, serán menos
que o pasado ano as partidas dedicadas á Consellaria de Educación
e Ordenación Universitária. Desta forma, confirma-se
a tendéncia dos últimos anos baixo os governos do
Partido Popular de reducir gasto público en Educación,
xa de por si escaso de termos en conta que, ademais, a Consellaria
que dirixe Celso Currás dedicou boa parte dos diñeiros
con que contou a favorecer e potenciar o ensino privado e concertado
frente ás necesidades da escola e da universidade pública
galegas.
Resulta intolerábel que a Xunta e o Partido
Popular se neguen a destinar maiores dotacións económicas
ao ensino público galego dadas as suas apremiantes necesidades
e dado o período de cámbios en que nos atopamos a
dia de hoxe na Universidade galega, en pleno proceso de adaptación
á LOU e cando está a piques de se iniciar o proceso
de converxéncia co novo Espazo Europeu de Educación
Superior de forma xeneralizada.
Para os CAF é máis que urxente que a Xunta asuma a
débeda que neste momento ten contraída coas tres universidades
do país e faga o posíbel para solucionar a catástrofica
situación financeira en que se atopan, especialmente a Universidade
de Santiago (USC), en situación de bancarrota técnica.
E é que debido á negativa da Xunta de abordar de vez
a aprobación dun novo Plano de Financiamento Plurianual para
as universidades (o anterior, de 2000-2003, remata con este ano)
estas non teñen, en moitos casos, nen sequer cartos en líquido
para cousas tan fundamentais como xices, mobiliário ou fichas
para o profesorado.
Unha das condicións indispensábeis
para que o Espazo Europeu de Educación Superior acordado
en Boloña se poda tornar en realidade no noso país
e non ficar reducido a unha enteléquia máis é
a converxéncia co resto de países europeus en matéria
económica, antes que en nengunha outra. Cómpre que
o governo galego asuma de vez as suas responsabilidades e aposte
pola modernización e fortalecimento do Sistema Universitário
Galego, aumentando o investimento público, duplicando o número
de bolsas e as suas cuantias, investindo máis cartos dedicados
á investigación e permitindo a contratación
de máis profesorado en condicións de estabilidade
laboral, asi como mediante o aumento do gasto público por
estudante. Todo iso para termos na Galiza unha Universidade pública
moderna que poda seguir a cumprir coas suas funcións esenciais:
a vertebración e o desenvolvimento do país e a transformación
da realidade mediante o estudo, a decéncia e a investigación.
Selección Galega
Xa
Un grupo de rapazas/es galegas/os, decidiron
montar un día un foro de debate para demandar a creacion
dunha selección galega xa dunha vez. Pese ás dificultades
iniciais, hoxe o foro ten xa 80 rexistrados, entre os cales hai
xente de moitas peñas de fútbol galegas, xente de
Ourense, Vigo, Lugo, Coruña, A Mariña, Ferrolterra,
Compostela, Pontevedra e outros moitos pontos de Galiza.
A páxina que vos recomendamos é http://siareiros.webcindario.com.
A Aplicación da LOU
na Galiza: A nosa Alternativa
Coa entrada en vigor da LOU (Lei Orgánica
de Universidades) en Xaneiro de 2002 abria-se unha nova etapa: a
sua aplicación no Sistema Universitário Galego (SUG),
que se concretizaba na adaptación da lexislación galega
en matéria universitária (LOSUG) e mais dos estatutos
das tres universidades galegas á nova lei.
A LOU foi criticada por centralizadora,
invadindo competéncias o governo central que até
entón foran exclusivas das comunidades autónomas.
Aprobada a LOU, algunhas desas competéncias son agora do
MEC ou de algun dos organismos criados por este. Outras muitas,
embora, seguen a ser da Xunta da Galiza. A ela pedímos-lle
os CAF-CAEF, como outros sectores e colectivos, que fixese valer
as suas competéncias exclusivas en matéria educativa
e apostase por unha Lei Galega de Universidades que servise para
contra-restar os efeitos máis negativos da LOU e fortalecer
un marco universitário público propriamente galego.
A Xunta renunciou, porén, a ese obxectivo desde o primeiro
dia: contra o solicitado por reitores, organizacións sindicais
e estudantis, plataformas de profesorado...o Conselleiro de Educación
e Ordenación Universitária, Celso Currás, anunciaba
a sua intención de lexislar "por tramos" a aplicación
da LOU no noso país, a diferenza do feito en Catalunya, Euskadi
ou Andalucia, e seguir na liña regresiva do governo central
do PP canto á elaboración da LOU.
O Conselleiro de Educación priorizou neste
tempo distintos aspectos da adaptación á nova lei
universitária (os considerados "urxentes"): aos
poucos meses saíu un Decreto de Contratación do Profesorado
Universitário tan regresivo nos seus contidos como a própria
LOU que incumpria as espectativas dos distintos sectores do profesorado
e tamén dos reitorados. Posteriormente, o traballo centrou-se
en elaborar leis específicas para o funcionamento dos Consellos
Sociais das tres universidades, do Consello Universitário
Galego e da Axéncia de Avaliación da Cualidade.
Algo que se podia agrupar nunha lei só ten-se feito en várias,
o que desvirtua o contido da Lei Xeral de Universidades (LXU) anunciada
polo Conselleiro Currás.
Porén, ainda que coxa, esa LXU terá que abordar temas
mui importantes dos que até hoxe nada se ten falado e que
preocupan muito os CAF-CAEF: os planos plurianuais de financiamento
público das nosas universidades, as normativas de aceso ás
mesmas após a "reválida" imposta tras a
aprobación da LOCE, os planos de residéncias (SRU),
o sistema e cuantia das bolsas e axudas ao estudo ou a presenza
efectiva do galego na docéncia e investigación universitárias.
Frente a esta adaptación "por tramos"
á LOU, a alternativa dos Comités Abertos de Escola
e Faculdade foi clara desde o princípio, e asi lla manifestamos
ao Director Xeral de Universidades cando nos recebeu en Xuño
do pasado ano para falar sobre estes temas: a nosa aposta centra-se
na elaboración dunha Lei Galega de Universidades que contemple
todas as competéncias en matéria universitária
que a Xunta poda asumir; lei cuxos obxectivos principais son suavizar
no posíbel as consecuéncias máis negativas
da LOU e fortalecer e dotar de futuro estábel un marco universitário
nacional, público e de cualidade. Este obxectivo só
é posíbel centrando esa lei precisamente nos temas
dos que até o momento non se ten falado:
- Aumento do investimento público do 1% actual até
o 1´5% do PIB no ensino superior galego a fin de garantir
a converxéncia real cos países do noso contorno e
a modernización efectiva do SUG. Programa de financiamento
plurianual máis amplo que o actual que dote as universidades
de maior estabilidade orzamentária.
- Criazón dunha normativa nacional de aceso ás universidades
onde se garanta a igualdade de oportunidades de todas/os e e que
ninguén teña de marchar fóra do país
por falta de praza.
- Criazón dun plano de residéncias públicas
que garanta prazas suficientes para un 14% do total de alunado matriculado
en cada cámpus do país.
- Acrecentamento do número e cuantia das bolsas e axudas
ao estudo da Xunta, aumentando o investimento público na
matéria até equipará-lo á média
da UE (0´24% desde o 0´06 actual). Transferéncia
imediata da competéncia en matéria de bolsas á
Xunta para seren xestionadas no país en base a critérios
sócio-económicos próprios e non académicos.
Incremento das axudas e bolsas para estudantes galegas/os que cursan
no exterior titulacións non existentes na Galiza. Incremento
considerábel das axudas para estudos ou estadias noutros
países.
Pola Mellora Transporte
Público na UdC
Desde os CAF e Galiza Nova queremos denunciar,
unha vez máis, a precaria situación do transporte
público na cidade da Coruña, en concreto no que refire
aos Especiais da Universidade. Consideramos que este é un
tema importantísimo, xa que logo o transporte constitúe
un servizo de primeira necesidade para todos/as os/as estudantes.
En xeral o estudantado realiza máis dunha viaxe diária
en autobus urbano e a liña coa Universidade transporta anualmente
ao redor de dous millóns duascentas mil persoas, máis
á Compañia de Tranvias e ao Concello non parece importar-lles
demasiado este feito e seguen a nos tratar como pasaxeiros de segunda
ou terceira categoria.
Ninguén parece ter os ouvidos dispostos para escoitar peticións
tan "atoladas" como:
· A mellora da frecuencia dos buses, sob de todo nas horas
ponta co obxeto de reducir as masificacións.
· A reestructuración dos percorridos e horarios dos
buses de bairro, que fan a viaxe de ida cara os cámpus mais
non as de volta e non funcionan polas tardes.
· Reforzo da liña 24, que é a que na actualidade
da servizo aos/ás estudantes de Filoloxia malia non ser unha
liña universitária polo a súa frecuencia deixa
bastante que desexar.
· A eliminación das trabas burocráticas para
conseguirmas a tarxeta do bus xa que todos e todas deberiamos ter
aceso a ela polo feito de sermos estudantes e a solicitude da súa
progresiva gratuidade.
Mellora do estado e das condicións xerais dos buses que realizan
o percorrido aos cámpus xa que, na maioria dos casos, trata-se
dos vehículos máis antigos que posúe a Compañia
de Tranvias.
· Mellora da frecuencia das liñas do Cámpus
de Oza.
Suba das Taxas Universitarias
O comezo do curso semella ser sinónimo
todos os anos dunha nova suba no prezo das taxas universitárias
de matrícula. Ao igual que o curso pasado, a xunta de Galiza
volveu decretar un aumento do 4% nos prezos públicos universitários;
aumento que, outra vez, ten lugar par riba do IPC.A principal reivindicación
da nosa organización neste início de curso será
a conxelación, como mínimo, do prezo das taxas para
o curso que vén, o aumento de financiamento público
na Universidade até o 1,5% e a duplicación do número
de bolsas e as suas cuantias até chega a média dos
paises do noso contorno.
|