Os comités abertos de escola e faculdade (CAF) somos a organización nacionalista do estudantado universitario galego, presente na maior parte de escolas e faculdades dos sete cámpus galegos e formada por estudantes a quen une un obxectivo: un ensino galego, público, democrático e de cualidade, no marco dunha Galiza libre e dun mundo máis xusto e solidario.
Os e as membros dos CAF en cada centro organizan-se nun COMITÉ, grupo de traballo através do cal desenvolvemos na escola ou faculdade tanto actividades própias como aquelas que acordamos colectivamente, a nível nacional ou de cámpus.
Os nosos comités son ABERTOS porque para
facer parte deles e botar unha man -portanto, para ser membro dos
CAF- non se necesita máis requisio que o de compartir o noso
proxecto. As nosas decisións tomamo-las de xeito colectivo,
en asembleas onde ti tamén tes voz. Atrevés de campañas
reivindicativas e de movilizacións, os CAF denunciamos os
moitos problemas que afectan ao sistema educativo, producidos por
unha política educativa que non favorece o ensino público
galego e que ignora a voz dos e das estudantes.
Esta actividade reivindicativa levamo-la tamén
aos órgaos de governo universitários (Claustros, Xuntas
de centro, Departamentos...) onde temos presenza, para que neles
se debatan as nosas propostas e todos aqueles problemas que padece
o estudantado curso tras curso.
O traballo reivindicativo complementemo-lo co traballo dinamizador
que cada comité fai no seu centro (organizando xornadas,
charlas, festas... ou elaborendo revistas próprias, exposicións).
Os CAF temos un firme compromiso cos valores sociais.
Reclamamos para o noso país xustiza social, os valores do
ecoloxismo, o feminismo, ou a cultura. Defendemos a sociedade solidária,
na que sexa a participación e o dinamismo social os que nos
permitan decidir o noso futuro, son princípios que defendemos
na actividade diária.
Como demostrou o estudantado galego nas recentes
mobilizacións anti-LOU, a unión fai a forza e a auto-organización
é imprescindíbel.
Nengún/ha estudante sobra no proxecto dos CAF Organiza-te
connosco para defender os teus direitos, unhas mellores condicións
de estudo e un futuro digno para o ensino público galego.
Xuntos/as podemos. Contamos contigo |