á portada
á portada de de onde vimos?

á portada

envíanos un correo

imprimir

voltar

Os CAF represaliados por protestar

A finais do curso pasado os CAF decidimos comezar un peche no vicerreitorado de estudantes da USC para protestar pola situación de escurantismo que a equipa reitoral mantiña con respeito á crise económica que atravesaba (e segue a atravesar) esta universidade e de recurte de servizos da mesma. No mes de decembro de 2004 recibimos unha notificación da universidade onde se nos indica que temos que ser nós quen se faga cargo dos gastos de seguridade derivados deste peche, ascendendo a cantidade a 1040€, sustraídos do programa de axudas as asociacións e federacións con representación claustral do primeiro semestre de 2004.

Ante estes feitos a nosa organización decidiu presentar un recurso baixo o convencimento de que se estaban a violar unha serie de normas e dereitos de forma e procedimento, ademáis pensamos que esta sustracción de cartos por parte do reitorado responde claramente a un castigo por protestar aos que pensamos que se pode facer unha USC totalmente distinta á que fai esta equipa reitoral.

Este recurso foi desetimado pola USC, polo que decidimos acudir á vía xudicial, presentando na mañá do 3 de maio de 2005 un contencioso-administrativo contra a Universidade de Santiago de Compostela.

Os Comités Abertos de Faculdade non imos quedar calados ante este tipo de situacións nin van conseguir que nos dobreguemos. Protestar é un dereito lexítimo e o que fai a equipa reitoral é intentar castigar (sen conseguilo) aos que fan uso del.