|



|
A EXPOSICIÓN “TERRA”:
Esta exposición
e o libro editado coa mesma, forman parte dun proxecto mundial que
solicita o apoio internacional a favor dunha reforma agraria no
Brasil.
Brasil é o pais coa maior superficie de terras
agrícolas do mundo; mais estás terras están
nas mans do 1% da poboación. Ocupar terras é a única
posibilidade de vida e futuro que están a ter os brasileiros.
Logo de séculos de roubo de terras aos indíxenas e
labregos, o resultado é unha concentración das terras
sen parangón no mundo. Segundo Nacións Unidas, Brasil
é o pais cun peor reparto de Terras e unha maior desigualdade
social; o 30% da poboación vive con menos dun dólar
diario. Neste escenario surxe vai 20 anos o MST (Movemento dos Sem
Terra), o movimento social mais multitudinario do mundo que loita
por dar un futuro aos milleiros de persoas que malviven no Brasil.
Sebastião coa sua cámara fotografía sabiamente
este proxecto, e aporta o seu gran de area a este MOVEMENTO POLA
XUSTIZA.
Nesta exposición S.Salgado amósanos
a xente da terra, aos traballadores sen terra (garimpeiros e boias
frias), a tristeza da cidade (as favelas, a vida baixo as pontes),
a forza da vida e a loita pola terra (a loita pola supervivencia,
os asentamentos e o traballo diario do MST , a violencia sobre o
campesiñado).
|