| O 29-D
todas/os coa Seleción !
Como saberás Galiza conta por fin coa súa
propia Selección oficial de fútbol. Foron moitos anos
de reivindicacións, moitos os colectivos, persoeiros e deportistas
do País que reclamaon o noso dereito, como pobo, a contar
cunhas seleccións deportivas oficiais. Unhas seleccións
que representasen a Galiza no mundo como unha nación máis.
Estas reivindicacións nunca foran atendidas pola anterior
Xunta de Galiza do PP. Foi a chegada do BNG ao goberno o que fixo
que este soño que moitos e moitas de nós tiñamos
se fixera uha realidade.
Dende os CAF estamos a traballar para que o primeiro
partido da Selección Galega de futbol sexa un éxito,
por iso queremos animarte a que acudas ao encontro que se disputará
o vindeiro 29 de nadal en San Lázaro (Compostela) contra
a Selección Nacional de Uruguai.
Se estas interesado en ir ao partido e non sabes como conseguir
a túa entrada ou tes calquera dúbida ponte en contacto
cos CAF da túa faculdade ou escola.
|