á portada
á portada de de onde vimos?

á portada

envíanos un correo

imprimir

 

XVIII Asemblea Nacional
Os Comités Abertos de Escola e Faculdade celebramos os dias 22 e 23 de Marzal a nosa decimoitava Asemblea Nacional, en Compostela. Baixo o lema “20 anos de Maré Estudantil”, aludindo á celebración do noso vixésimo aniversário, que demostra graficamente a consolidación do movimento estudantil nacionalista na Galiza, e ao mesmo tempo fan referéncia á capacidade de autoorganización da sociedade galega, que tan ben se articulou en resposta á incompeténcia dos responsábeis da maré negra.

· As fotos da Asemblea
· Documentos consensuados



A Historia de ERGA
Consideramo-nos herdeiros direitos de ERGA e sabemos que moitas outras organizacións teñen tamén parte herdanza que xerou esta organización xuvenil nacionalista. E hoxe, máis que nunca, os obxectivos de ERGA seguen a estar vixentes, ainda que adaptados ao contexto actual: Ensino galego, público, democrático e de calidade. ERGA, Estudantes Revolucionários Galegos, foi a organización máis influinte na mocidade galega desde os anos 70 até a sua desaparición no ano 88. Desta organización sairon importantes cadros do nacionalismo galego polítco e sindical e foi baluarte fundamental das loitas que o nacionalismo galego levou até os nosos dias.

· As fotos do Arquivo de Erga
· Erga - Un lume que prendeu XXV Aniversario