á portada


á portada

servizo de correo-e

imprimir

voltar


Xa podes solicitar o voto por correo para as Eleccións Xerais

Residentes no estado español

O elector pode formular a solicitude do voto por correo até o día 28 de febreiro.

A solicitude formularase persoalmente en calquera oficina de Correos de España, presentando o DOI, pasaporte ou permiso de conducir (os orixinais, non serve fotocopia destes documentos), até o día 28 de febreiro de 2008.

No caso de enfermidade ou incapacidade, cuxa existencia deberá acreditarse por medio de certificado médico oficial, a solicitude poderá ser efectuada por outra persoa autorizada notarial ou consularmente e sen que esta poida representar máis dun elector. A solicitude irá acompañada, neste caso, do certificado médico e da autorización sinalados.

O empregado de Correos que admita a solicitude estampará o carimbo de datas e a hora e minuto da admisión, tanto na cabeceira do documento como no resgardo xustificativo da admisión do envío certificado. O propio interesado pechará o sobre, que, ao ser gratuíto, non necesita franqueo.

Remisión do voto polos electores: até o día 5 de marzo.

Tras recibir a documentación no seu domicilio, o elector presentará o sobre modelo oficial, contendo co certificado de inscrición no Censo Electoral e o/s de votación no que se incluirá a/s papeleta/s, en calquera oficina de Correos, até o día 5 de marzo de 2008. O envío será cursado como correo certificado e urxente con carácter gratuíto.

Temporalmente no extranxeiro, caso por exempo, que esteas de Erasmus

Documentación para o voto:

Os cidadáns españois que desexaren exercer o seu dereito de voto nestas eleccións e que, figurando inscritos no Rexistro de Matrícula Consular, se atoparen temporalmente fóra do territorio nacional unha vez efectuada a convocatoria do proceso electoral e prevexan permanecer nesta situación até o día da votación, deberán solicitar desde o estranxeiro a documentación necesaria para exercer o seu dereito de sufraxio, até o día 9 de febreiro de 2008.

A solicitude cuberta deberase entregar persoalmente na Oficina Consular de Carreira ou Sección Consular de Embaixada que remitirá esta solicitude á correspondente Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral.

Recibida esta comunicación, a Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral enviaralle ao interesado a documentación electoral, por correo certificado e urxente, até o 18 de febreiro de 2008, cando non for impugnada a proclamación de candidatos e non máis tarde do 26 de febreiro de 2008, en caso contrario.

Tras recibir a devandita documentación, o elector introducirá a papeleta de voto no sobre de votación que, xunto co certificado de inscrición no Censo, será incluído no sobre dirixido á mesa electoral que lle corresponda, e remitido por correo certificado e urxente non máis tarde do 5 de marzo de 2008. O cumprimento deste requisito temporal debe constar de modo indubidábel no sobre.

É obrigatorio o franqueo dos envíos que conteñan votos por correo que os electores temporalmente no estranxeiro dirixan ás respectivas mesas electorais, con excepción dos electores que residan na Arxentina, Bélxica, Brasil, Colombia, Cuba, Chile, Francia, México, Perú, República Dominicana, Suíza, Uruguai e Venezuela, os cales poderán depositar o sobre co voto por correo nas oficinas postais do país de residencia de xeito gratuíto.

Os electores residentes no resto de países poderán solicitar, a través do modelo establecido, o reintegro dos gastos de franqueo.