IX
Xornadas do Nacionalismo
O Campus de Lugo celebrará da man dos Comité Abertos
de Escola e Faculdade (CAF) as IX Xornadas do Nacionalismo. Nesta
novena edición os CAF organizan unhas xornadas monográficas
sobre a Historia do Nacionalismo Galego. Para a primeira conferencia,
titulada O Rexurdimento: unha visión histórica, contarán
con Carme Hermida Gulias e será mañá 7 de abril
ás 19:00 h. na aula 24 da Escola de Maxisterio. O programa
completo ficaría así:
Historia do Nacionalismo Galego:
- O Rexurdimento: unha visión histórica,
Carme Hermida Gulias;
xoves 7 de abrlil ás 19:00 h. na aula 24 da Escola Maxisterio
- Xurdimento do Nacionalismo como movemento político:
Confederación Rexional de Agricultores Galegos e As Irmandades,
Xosé Ramón Veiga Alonso; martes 12 de abril ás
19:00 h. no Salón de Actos da Faculdade de Humanidades
- O Nacionalismo galego na II República, Emilio
Grandío Seoane;
martes 19 de abril ás 18:00 h. no Salón de Actos da
Faculdade de Humanidades
- A represión franquista na Galiza, caso concreto:
Lugo, María Xesús Souto Blanco; xoves 28 de abrlil
ás 19:00 h. na aula 24 da Escola Maxisterio
Para máis información David Marcos Ramas, Responsábel
dos CAF do Campus de Lugo telf. 658.64.79.56 ou 982285900 ex. 23619
tamén no correo cafeps@lugo.usc.es ou davidmarcosramas@gmail.com
indicando no asunto á atención de David Marcos.
|