Non á LOMCE! #ParémosllesosPés

Iniciamos hai unhas semanas a campaña chamando á folga estudantil do 9 de maio e queremos que sigas a colaborar con nós. É moi sinxelo, sácaste unha foto co cartaz que está abaixo e enviala ao enderezo nacional@comitesabertos.org. 

9 de maio, folga estudantil!

O vindeiro 9 de maio, pararemos, de novo, as aulas contra a Lei da Wertgoña. Baixo o lema “Na defensa do ensino público, nin un paso atrás. Non á LOMCE“, os Comités volvemos a convocar unha xornada de folga no

Reflexións sobre 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres

Xa pasou máis dun século dende a primeira celebración do día Internacional das Mulleres, e aínda temos que seguir a denunciar a precaria situación na que nos atopamos miles de mozas, máis dun século despois de que no 1911 se

6 de febreiro, folga estudantil! Na defensa do ensino público galego, nin un paso atrás!

Na mañá de hoxe os Comités participamos nunha rolda de prensa en Santiago de Compostela na que anunciamos a convocatoria dunha folga estudantil para o vindeiro mércores, 6 de febreiro, contra a LOMCE e na defensa do ensino público.

Tes dereito a dispor dunha copia dos exames en galego!

Un ano máis, coincidindo coa celebración dos exames na maioría das titulacións universitarias galegas, desde os Comités levamos adiante unha campaña informando do dereito a dispor de copias dos exames na nosa lingua.

Fóra ladróns da universidade!

Os principais responsábeis da crise do sector financeiro galego, José Luís Méndez e Julio Fernández Gayoso teñen, desde hai anos, os títulos de Doutor Honoris Causa da UDC da UVIGO respectivamente.

Por un transporte digno e contra a nova suba do bus na Coruña!

Os Comités queremos denunciar a nova suba no transporte colectivo na cidade da Coruña que vén de ser pactada entre a Compañía de Tranvías e o Concello desta mesma cidade, que situará o custo do billete normal nos 1,27 € e o bono bus

Este 25 de novembro, as estudantes galegas contra o patriarcado!

Como cada 25 de novembro, os Comités lanzamos a campaña “as estudantes galegas en pé contra o patriarcado” co fin de concienciar ao estudantado galego da situación de desigualdade das mozas, froito da vixencia do patriarcado.

Coa túa axuda, Twitter en galego!

A tradución ao galego do Twitter, unha das principais redes sociais, precisa da túa axuda. Logo da presión de milleiros de persoas, aprobouse o inicio do proceso de tradución a nosa lingua pero fai falta da colaboración de tod@s nós