Coloquio sobre a situación económica na Galiza

O mércores día 23 na aula 2 da facultade de Económicas ás 16:30 os Comités realizarán un acto aberto no que Xavier Vence falará sobre a situación económica de Galiza, así como dos principais motores económicos do país.

Faite oír, defende os teus dereitos na USC! Vota Comités

Que non pisen os teus dereitos, deféndeos con nós! O vindeiro 25 de abril a USC volta a ter eleccións a Claustro e os Comités, máis unha vez, presentamos candidatura para defendermos os dereitos do estudantado

Rexeitamento da proposta para crear unha candidatura galega unitaria na USC

Os Comités entendemos como obxectivo prioritario continuarmos xuntas a abrir novos espazos de colaboración que permitan afondar na necesidade de unidade de acción entre o estudantado nacionalista e impulsar a creación dunha nova organización galega e unitaria.

Xornadas da Galipedia na facultade de Filoloxía da USC

Co motivo de promover o uso e o desenvolvemento da nosa lingua na rede, os Comités da Facultade de Filoloxía organizamos unhas xornadas de formación e información sobre o funcionamento da Galipedia.

Acto en Compostela, “Descubre a historia do 8 de marzo”

A Comisión de Mulleres dos Comités do Campus de Compostela organiza, o vindeiro xoves 13 de marzo, ás 21:00h no Pub Babel (R/Calderería, nº26, Santiago), un acto conmemorando o 8 de Marzo.

Garzón: fóra da USC

Este martes, 11 de febreiro, ás 12h visitará a Facultade de Historia da USC o ex-xuíz Baltasar Garzón. Ao mesmo tempo que o ex-xuíz ven dar unha palestra sobre memoria histórica lembramos a memoria d@s que sufriron baixo as súas ordes.

O claustro da USC

No día de hoxe, os Comités participamos no claustro da USC a través das representantes eleitas. Presentóusenos, en sesión extraordinaria e con dous puntos na orde do día, o da memoria económica de 2012 así como a situación económica actual

Concentración contra a supresión de graos

Os Comités apoiamos a concentración convocada desde a Asemblea de Filoloxía  da USC (da cal estamos participando) para este mércores, 18 de decembro ás 12 da mañá na planta baixa da facultade filoloxía

12 de decembro, concentración en Compostela

As organizacións estudantis da esquerda nacionalista,  AGIR, Comités Abertos e Liga Estudantil Galega convocamos  unha concentración unitaria este xoves, 12 de decembro ás 12h na Praza de Mazarelos (Santiago de Compostela)