Que non nos deixen en terra! Por unha comunicación decente entre Vigo e o CUVI

Os Comités queremos denunciar a supresión de lanzadeiras universitarias que unen a cidade de Vigo co campus do CUVI.

As clases saen á rúa na Universidade de Vigo

Sempre entendimos que a educación é algo tan incuestionábel e valioso, que debemos defendelo con unllas e dentes. A forza transformadora do ensino como vehículo das potencialidades do estudantado maniféstanse plenamente cando somos quén de o poñer en valor.

Asemblea Aberta na ESAD

Os Comités Abertos da Universidade de Vigo continuamos coas asembleas informativas. A próxima será o vindeiro mércores 17 de abril ás 16:00h na ESAD.

Asemblea Aberta en Peritos

Os Comités Abertos da Universidade de Vigo continuamos coas asembleas informativas. A próxima será o vindeiro martes 16 de abril ás 19:30h na sede cidade da Escola de Enxeñería Industrial, fronte á entrada nova.

Asemblea Aberta na FFT

Os Comités Abertos da Universidade de Vigo organizamos unha asemblea informativa para mañá, xoves 11 de abril ás 13:00h, fronte ao pavillón central da Facultade de Filoloxía e Tradución.

A Reitoría da UVIGO impón a seguridade para calar á comunidade universitaria

Na mañá de hoxe, os Comités continuamos coas mobilizacións en contra da aplicación do Decreto “Wert” na Universidade de Vigo.

O reitor da Universidade de Vigo escúdase no regulamento dos procedementos para non acceder a negociación

Despois dunha noite de peche na reitoría para para conseguir a anulación da aplicación do Decreto Wert na Universidade de Vigo, os Comités, xunto con outras asociacións estudantís, PAS e PDI reclamamos que se incluíse a reapertura da mesa de

Peche contra o Decreto Wert na Universidade de Vigo

Os Comités vimos de pecharnos na reitoría da Universidade de Vigo con motivo da aplicación dos Orzamentos da Xunta e do Decreto Wert. Un consello de goberno convocado para o día de mañá de forma estratéxica, facéndoo coincidir coa festividade

Gústame o galego nas Xeiras dos Comités de Vigo!

Aquí vai un video elaborado pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua sobre a presenza da campaña “Gústame o Galego” na V Edición das Xeiras pola Lingua organizadas polos Comités no campus de Vigo.