Ciclo de cinema sobre recursos humanos en Políticas!

http://www.comitesabertos.org/wp-content/uploads/2013/03/ciclo.jpg

O Comité de Políticas e Laborais do Campus de Compostela organizará, ao longo deste mes de marzo, un ciclo de cinema sobre os Recursos Humanos. O comité desta facultade traerá toda unha serie de filmes especialmente escollidos sobre esta temática.

O ciclo dará comezo este mércores 6 de marzo ás 11:30 no Salón de Graos con “L`auberge espagnole” (Una casa de locos) de Cédric Klapisch , resumindo brevemente, trata sobre a vivencia duns estudantes erasmus e a súa entrada ó mundo laboral.

O vindeiro xoves 7 de marzo, ás 11:30 no Salón de Graos, reproducirase “Ressources humaines” de Laurent Cantet (Drama), na que se presentará propiamente o ciclo coa intervención do profesor Ramón Bouzas.