
A Comisión de Mulleres dos Comités do Campus de Compostela organiza, o vindeiro xoves, 7 de marzo, ás 21:00h no Pub Babel (R/Calderería, nº26, Santiago) , un coloquio sobre a situación laboral das mulleres galegas coa presenza de Susana Méndez (Confederación Intersindical Galega).
Despois, contaremos cunha pequena actuación musical a cargo de integrantes do grupo Irimia Cantareiras.
Non dubides en achegarte!














