Os Comités mobilizámonos no Día da Patria A organización nacionalista do estudantado galego participamos un ano máis do Día da Patria Galega, na defensa dos dereitos nacionais do noso povo e do estudantado galego. Baixo o lema Estudamos para liberar Galiza o estudantado dos Comités participamos con comitiva propia na manifestación convocada polo BNG o 25 de xullo. Da mesma forma tamén nos implicamos no Festigal cun posto dos Comités que visualizou ao estudantado galego coma unha das pezas da liberación nacional. 28/07/2010 Como cada 25 de xullo, o estudantado dos Comités saimos ás rúas de Compostela para celebrar o día da Patria Galega. Baixo o lema Estudamos para liberar Galiza, a nosa organización participou con comitiva de seu na multitudinaria e tradicional manifestación convocada pola fronte patriótica. A data do 25 empregámola desde os Comités para defender unha vez máis un ensino público, galego, democrático e de calidade no marco dunha Galiza ceive e socialmente xusta. A crise sistémica do neoliberalismo e as inócuas centralistas e sistémicas receitas anticrise foron un dos elementos centrais que protagonizaron as consignas e discursos deste 25 de xullo, poñendo de relevo o proxecto común que defendemos os e as nacionalistas como verdadeira alternativa á crise. O 24 e 25 de xullo a nosa organización participou do Festigal. Ademais de disfrutar dos concertos, das galerías de artes, letras ou do audiovisual galego, puidemos visualizar á nosa organización na festa nacionalista cun posto onde distribuímos material dos Comités como novos deseños de camisolas ou o último número o manifesto.
Olla as fotos dos Comités no Día da Patria en galería de imaxes.
Os Comités no FestiGal 2010 Os días 24 e 25 deste mes terá lugar no Campus Sur de Compostela o
FestiGal 2010, organizado pola Comisión FestiGal, a Fundación Galiza
Sempre e Galiza Nova. Os Comités, fieis a esta cita, participarán do
mesmo cun posto da nosa organización, o cal vos animamos a visitar.
Asemade, tamén participaremos da manifestación do Día da Patria que
sairá ás 12 horas da Alameda. Vémonos en Compostela! 20/07/2010 Os días 24 e 25 deste mes terá lugar no Campus Sur de Compostela o
FestiGal 2010, organizado pola Comisión FestiGal, a Fundación Galiza
Sempre e Galiza Nova. Os Comités, fieis a esta cita, participarán do
mesmo cun posto da nosa organización, o cal vos animamos a visitar.
Asemade, tamén participaremos da manifestación do Día da Patria que
sairá ás 12 horas da Alameda. Vémonos en Compostela!
Os Comités na defensa dos servizos públicos! Os Comités apoiamos a folga convocada na administración pública para o martes 8 de xuño e ás mobilizacións que a Confederación Intersindical Galega (CIG) está a impulsar en resposta ás lesivas medidas económicas que o goberno español do PSOE aprobou e que afectan directamente aos empregados públicos. 02/06/2010 Os Comités apoiamos a folga convocada na administración pública para o martes 8 de xuño e ás mobilizacións que a Confederación Intersindical Galega (CIG) está a impulsar en resposta ás lesivas medidas económicas que o goberno español do PSOE aprobou e que afectan directamente aos empregados públicos.
Podes ler o posicionamento dos Comités na súa totalidade descargando a nota de prensa máis abaixo.
Os Comités estarán presentes nas concentracións de apoio ao pobo palestiniano. Os Comités estaremos presentes nas concentracións convocadas para hoxe, martes día 1 de xuño, ás 20:30 horas nas principais cidades da nación en apoio ao pobo palestiniano. 01/06/2010 Os Comités estaremos presentes nas concentracións convocadas para hoxe, martes día 1 de xuño, ás 20:30 horas nas principais cidades da nación en apoio ao pobo palestiniano. As concentracións xorden da necesidade de condenar o ataque asasino que os sionistas perpetraron contra os barcos que transportaban axuda humanitaria para Gaza. As convocatorias son:
A Coruña: No Obelisco.
Santiago de Compostela: Praza do Toural.
Ferrol: Diante do edificio da Xunta de Galicia.
Pontevedra: Praza da Peregrina.
Vigo: Diante do MARCO
Os Comités sempre co pobo palestiniano. Palestina vencerá!
Posicionamento dos Comités contra a suba dos prezos da matricula universitaria Os Comités, organización estudantil galega nada da unificación dos CAF
e dos CAE e maioritaria nas tres universidades galegas informamos da
posición contraria da nosa organización a respecto da suba dos prezos
da matrícula universitaria para o curso 2010-2011 despois do acordo
alcanzado o 25 de maio na Conferencia Xeral de Política Universitaria
na que participan as Comunidades Autónomas e o Ministerio de Educación.
29/05/2010 Os Comités, organización estudantil galega nada da unificación dos CAF e dos CAE e maioritaria nas tres universidades galegas informamos da posición contraria da nosa organización a respecto da suba dos prezos da matrícula universitaria para o curso 2010-2011 despois do acordo alcanzado o 25 de maio na Conferencia Xeral de Política Universitaria na que participan as Comunidades Autónomas e o Ministerio de Educación.
En primeiro lugar, denunciamos que, máis un curso, soben as taxas universitarias e aumentan o prezo das novas matrículas universitarias entre o 1,5 % e o 5,5 % para o curso que vén, e que en Galiza será do 1,5% segundo anunciou a Xunta.
De novo o Partido Popular amosou a súa falta de sensibilidade participando activamente desta suba, cando tiñan manifestado publicamente que tiñan a intención de conxelar as taxas da matrícula en Galiza, se ben isto non era máis que unha cortina de fume para desgastar ao goberno do Estado, o PSOE.
Cómpre salientar o pernicioso desta suba, máis aínda, se atendemos ás condicións económicas do noso país xa que Galiza ten unha das rendas máis baixas de todo o Estado. Isto dificulta de xeito engadido o acceso e mantemento dos estudantes na universidade.
Cómpre explicar que é o Goberno do PSOE no Estado quen impón esta suba estabelecendo o incremento do IPC como porcentaxe mínimo de crecemento das taxas, impedindo que na Galiza, a pesar de termos competencias exclusivas en educación, se poidan deseñar políticas de prezos públicos que corrixan as subas arbitrarias e excesivas que se veñen producindo estes últimos anos.
A actual Consellaría de Educación non cuestiona este modelo e escúdase en que é o mínimo legal que pode subir fecendo parte desta política de prezos públicos correspondente a un enfoque claramente mercantilista.
A Xunta de Galiza segue sen ter a competencia sobre as bolsas que eximen do pagamento das taxas o que imposibilita, ademais, o desenvolvemento dunha política galega de bolsas que asegure o acceso igualitario á Universidade.
En resumo, pagamos máis taxas por menos e peores servizos e boa mostra disto é son: o desmantelamento do Sistema Universitario de Residencias, a externalización de todos os servizos de comedores, reprografías e incluso aulas de internet. Polo tanto, temos unha Universidade cada vez máis cara sen que supoña unha mellora na calidade dos servizos ou da docencia.
Os Comités seguimos a defender que a Universidade é un servizo público esencial e como tal ten de ser financiado publicamente e non mediante á participación dos seus usuarios.
Os Comités, forza máis votada na Universidade de Vigo Mais unha vez, a nosa organización vén de resultar a forza máis votada nas eleccións ao Claustro da Universidade de Vigo, chegando a dobrar a nosa representación respecto ao anterior proceso electoral. 22/05/2010 Deste xeito, os Comités temos representación nas Facultades de Historia e Ciencias Económicas e do Turismo de Ourense, así como tamén na de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra. No Campus de Vigo, nas Facultades de Filoloxía e Tradución, Químicas e Económicas e nas Escolas de Enxeñaría Industrial e de Telecomunicación.
Os 10 claustrais dos Comités seguiremos loitando, como vimos facendo nestes anos, por unha Universidade de Vigo máis pública, galega, democrática e de calidade. Coa nosa presenza faremos ouvir a voz do estudantado, plantexando solucións a problemas como o do transporte, residencias, lingua e implatanción de Boloña, así como tamén loitando para evitar a suba das taxas, propoñendo alternativas cara un ensino 100% gratuíto.
Seguimos? O 20 de maio vota Comités na UVigo polo ensino público galego O 20 de maio son as eleccións na UVigo. Perante os graves problemas que atravesa a universidade pública galega é preciso aumentar a forza dos Comités en claustro para que as problemáticas concretas do estudantado sigan sendo atendidas, seguir demandando residencias públicas, seguir evitando a suba das taxas e seguir avanzando cara ao ensino gratuito, seguirmos na defensa do galego e seguir loitando contra a elitización e privatizacón encubertas que derivan de Boloña. SEGUIMOS? O 20 vota Comités en Ourense, Pontevedra e Vigo! 18/05/2010 O 20 de maio son as elección a representantes de Claustro, Consellos de Departamento e a Reitor na Universidade de Vigo. Perante os graves problemas que atravesa a Universidade pública galega e o actual contexto económico e social, faise máis necesario ca nunca que o estudantado estea presente con forza no maior órgao de goberno univeristario. É preciso aumentar a forza dos Comités en claustro para que as problemáticas concretas do estudantado sigan sendo ouvidas e solucionadas, para seguir demandando residencias públicas e de calidade, para seguir evitando a suba das taxas e seguir avanzando cara ao ensino gratuito, seguirmos na defensa dos dereitos lingüísticos do estudantado, e seguir loitando contra a elitización e privatizacón encubertas que derivan da implantación de Boloña.
SEGUIMOS? O 20 DE MAIO VOTA COMITÉS EN OURENSE, PONTEVEDRA E VIGO!
Peche dos Comités na Biblioteca da Facultade de Económicas da USC O Martes 11, tras unha exitosa concentración o Xoves anterior na entrada da Facultade de Económicas e Empresas da USC, os Comités e un nutrido número de estudantes, iniciamos un peche na biblioteca da Facultade pola apertura da mesma. 15/05/2010 O Martes 11, tras unha exitosa concentración o Xoves anterior na entrada da Facultade de Económicas e Empresas da USC, os Comités e un nutrido número de estudantes, iniciamos un peche na biblioteca da Facultade pola apertura da mesma.
Ao día seguinte logrouse un adianto do 24 ao 18 de Maio do inicio de horario nocturno de bibliotecas, máis sendo isto insuficiente, esixiuse a apertura o venres 14. Ante a negativa do Vicereitor Vázquez Taín, decidiuse abrir a biblioteca en horario continuo (24h.) a iniciativa dos propios estudantes, a través doutro peche cunha participación inicial de 60 persoas.
O sábado ao mediodía, tras unha noite e mañá tensas de continua presión para que se cedera, relaxáronse as condicións e permitiuse certo fluxo de movemento, cedendo entón desde a Reitoría e entendendo o lóxico da reivindicación, conseguiuse por fin abrir unha biblioteca no Campus Norte neste período de exames finais e ademais por primeira vez as 24 horas.
Presentación do libro: En castellano no hay problema Os Comités do Campus de Vigo organizan a presentación do libro En
castellano no hay problema de Carlos Callón, presidente da Mesa Pola
Normalización Lingüística. O acto terá lugar o mércores
12 de maio ás 12 h no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía e
Tradución de Vigo.
10/05/2010 O acto, coorganizado con
Edición Xerais e coa colaboración da propia Mesa pola Normalización
Lingüística, contará coa presenza de:
Iago Varela, Responsábel dos Comités en Vigo Manuel Bragado, director de Xerais Carlos Callón, presidente de A Mesa pola Normalización Lingüística e autor do libro.
Debate cos candidatos a reitor na UVigo Os Comités de Vigo organizan un debate entre os dous candidatos a
reitor, Salustiano Mato e Jaime Cabeza, o vindeiro Luns 10 de maio ás 13 horas.
O debate, no que os dous candidatos falarán das medidas dos seus
programas electorais en materia de estudantado, terá lugar na Sala I do Edificio Miralles.
08/05/2010 Os Comités de Vigo, conscientes da importancia destas eleccións, organizamos para o vindeiro luns 10 de maio ás 13h un debate entre os dous candidatos a Reitor da nosa Univerisidade.
No acto, que terá lugar na Sala I do Edificio Miralles, Salustiano Mato (Alternativa Universitaria) e Jaime Cabeza (Nova Universidade) analizarán as súas propostas en materia de estudantado.
O modelo de debate vai ser aberto, dándolle a oportunidade ao estudantado a formular preguntas a ambos candidatos no que será o segundo debate entre reitorábeis da historia da Universidade de Vigo.
Será a mellor oportunidade para preguntar por temas tan importantes como taxas e financiamento, mobilidade estudantil, lingua, empregabilidade, residencias ou calquera outra cousa que se vos ocorra.