Último exemplar de

O Manifesto

nº 21 - 11/05/2010

Xa está no prelo o número 21 do xornal estudantil O Manifesto editado polos Comités.

descargar

 
ARTIGOS

Benvidas, benvidos a universidade pública?
A día de hoxe, observamos como se acepta de xeito entusiasta a converxencia no Espazo Europeo de Educación Superior, un modelo de universidade elitista, homoxeneizada e sometida ás regras do mercado, por parte das diferentes Consellarías de Educación (tanto PP como PSOE) e que conta co beneplácito das institucións universitarias.
10/10/2009

Neste curso, o 2009/2010, no que ten lugar a implantación dun grande número de títulos de grao, vemos como se confirmou a diferenza de custo e de prazas entre graos e posgraos provocando unha nova selectividade económica e académica que dificultará, máis unha vez, o acceso e mantemento do estudantado na universidade.

Estes novos títulos de grao convivirán coas vellas licenciaturas até que estas se vaian extinguindo e o grao se adapte na súa totalidade. Este feito está a provocar moitas presións sobre estudantado que cursa a licenciatura para que se cambie ao grao polo que debemos de lembrar que esta mudanza non é obrigatoria. Outro dos problemas da implantación dos títulos de grao é ausencia do dereito a docencia nos cursos que se vaian extinguindo, dificultando a continuidade na titulación que se está a transformar.

O proceso de transformación aparella un novo calendario académico que dificulta a transición e que coloca os exames de setembro en xullo cunha estreita marxe entre as avaliacións de xuño e os exames de xullo.

A ausencia de política de aloxamento estudantil pública constitúe un atranco chave para o acceso e mantemento na universidade. Mentres os organismos internacionais recomendan que cando menos o 15% do estudantado de cada campus teña dereito a unha praza de aloxamento público só o Campus de Compostela acada un 5%.

Unha insuficiente e mal xestionada política de bolsas está a dificultar aínda máis a continuidade dos estudos xa que tan só o 17% dos estudantes galegos están bolsados polo MEC. A non modificación do plano de financiamento na pasada lexislatura perpetúa un financiamaneto insuficiente para a universidade galega.

Ficheiro PDF  

Titulacións con atribucións profesionais
Algunhas das titulacións nas que existe unha maior incerteza coa súa inserción no “Espazo Europeo de Ensino Superior" (EEES) son aquelas con atribucións profesionais, reguladas pola Directiva Europea 2005/36/EC, é dicir: medicina, odontoloxía, enfermaría, farmacia, veterinaria e arquitectura.
25/07/2007
Artigo publicado no Manifesto nº 19 do curso 2006-2007.

Ficheiro PDF  

A humanidade do espazo europeo
Podemos afirmar sen ningunha dúbida que a área de coñecemento de Humanidades é unha das máis afectadas pola conversión ao Espazo Europeo de Educación Superior e, en concreto, sofre unha das súas máis graves consecuencias: o risco de desaparecemento de títulos.
25/07/2007
Artigo publicado no Manifesto nº19 do curso 2006-2007.

Ficheiro PDF  

Boloña nas Ciencias Experimentais e da Saúde
Neste apartado analizaremos como afecta a reforma dos estudos no ámbito das Ciencias Experimentais e da Sáude, fixaremos algo menos nas ciencias da Saúde xa que varias das titulacións deste ámbito regularanse por directiva europea.
25/07/2007
Artigo publicado no Manifesto nº 19 do curso 2006-2007.

Ficheiro PDF  

Boloña no eido das Ciencias xurídicas e sociais
Na área das ciencias xurídicas e sociais (ao igual que nas outras) todo o referente á adaptación ao EEES esta envolto nun halo de escurantismo e desinformación, xa que estando só a dous cursos da data límite de implantación de Boloña, aínda non son coñecidas as estruturas dos graos das diferentes titulacións, nin para o que van capacitar.
25/07/2007
Artigo publicado no Manifesto nº 19 do curso 2006-2007.

Ficheiro PDF  

Boloña no ámbito tecnolóxico
Un dos ámbitos nos que máis se reflite e máis trascendencia vai ter o proceso de Boloña no referente á planificación dos estudos é o ámbito tecnolóxico. Isto débese, principalmente, a que no Estado Español existen carreiras técnicas, actualmente de 3 cursos académicos de duración (Enxeñarías Técnica en Obras Públicas e Enxeñaría Técnica en Informática de Sistemas, por exemplo), titulacións que non teñen correspondencia con ningunha outra na UE, pois non se imparten en ningún outro estado que estea inmerso na adaptación ao EEES.
25/07/2007
Artigo publicado no Manifesto nº 19 do curso 2006-2007.

Ficheiro PDF  

O EEES avanza!
O proceso de Boloña segue avanzando nas universidades galegas. Este curso 2006/07 teñense implantado por primeira vez os posgraos experimentais que seguen o modelo de Boloña, e confírmanse así as previsións que tiñamos sobre o seu carácter elitista e privatizador.
10/10/2006
Artigo publicado no Manifesto nº 18 do curso 2006-2007.

Ficheiro PDF  

As mentiras do EEES
O Espazo Europeo de Ensino Superior comeza a súa andaina coa Declaración de Boloña, en 1999. Detrás das louvanzas que se fan a este novo sistema como son a equiparación de títulos a nível europeo ou un aumento da calidade do ensino, agóchase unha forte mercantilización, elitización e homoxeneización do ensino.
25/07/2006
Artigo publicado no Manifesto nº 17 do curso 2005-2006.

Ficheiro PDF  

Por un ensino galego, público e de calidade! Non á Declaración de Boloña
Un dos grandes retos aos que se enfronta a Universidade Galega é a futura homologación no Espazo Europeo de Ensino Superior (EEES), un sistema universitario común para a maioría dos países europeos. Xa se están dando os primeiros pasos cara el e están a saltar as primeiras alarmas. Lembremos que o curso pasado a Subcomisión de Humanidades, encargada de elaborar o futuro mapa de titulacións universitarias na área humanística, presentaba un polémico borrador onde se propuña a eliminación de Historia da Arte, Humanidades e a reformulación das Filoloxías onde a galega aparecía separada da portuguesa e sen título propio.
10/10/2005
Artigo publicado no Manifesto nº 16 do curso 2005-2006.

Ficheiro PDF  

A Declaración de Boloña, o novo mapa de títulos de grao
A Declaración de Boloña significou o pistoletazo de saída do proceso de construcción do chamado Espazo Europeu de Ensino Superior (EEES). O EEES supón a creación dun marco universitario europeu cunha mesma estrutura de estudos, unha oferta de titulacións semellantes e un sistema común de créditos (os créditos ECTS). O obxetivo é achegar a universidade “ás necesidades do mundo empresarial” e “ás características do libre mercado”. É dicer, que do que se trata é da traslación ao ensino do actual modelo de “construcción europea” e de continuar a desarticulación do “Estado de Benestar” coa mercantilización dun servizo público máis, desta volta o ensino universitario.
25/07/2005
Artigo publicado no Manifesto nº 15 do curso 2004-2005.

Ficheiro PDF  

Cara onde vaio o ensino?
Con esta pregunta encabezabamos hai xa once anos o oitavo dos nosos Manifestos. Daquela aínda non eramos conscientes da dimensión das nosas verbas: era o limiar da traxedia que se aveciñaba. Protestabamos daquela polo que entendiamos que era unha agresión á universidade pública que nós defendemos, mais aquel feito aparentemente illado amosou sesgos que co tempo confirmaron as teorías máis augureiras: o proceso privatizador da Universidade estaba en marcha.
10/10/2003
Artigo publicado no Manifesto nº 14 do curso 2003-2004.

Ficheiro PDF  

As consecuéncias da Declaración de Boloña: O prato forte da LOU
Pouco a pouco van-se coñecendo máis detalles sobre o espazo universitário europeu a que se aderiu o Estado español logo de asinar a Declaración de Boloña (1998) e sobre os cámbios que iso provocará entre o próximo curso e o ano 2010 na actual configuración dos estudos universitários.
01/10/2003
Artigo publicado no Especial sobre a Declaración de Boloña da web vella.

Ficheiro PDF