Fóra ladróns da universidade!

Os principais responsábeis da crise do sector financeiro galego, José Luís Méndez e Julio Fernández Gayoso teñen, desde hai anos, os títulos de Doutor Honoris Causa da UDC da UVIGO respectivamente.

É unha acto de xustiza retirar sendos recoñecementos por parte das Universidades da Coruña e de Vigo ás persoas que ostentaron as máximas responsabilidades en Caixa Galicia e en Caixa Nova. Méndez e Gayoso son culpábeis do desmantelamento das antigas caixas de aforro galegas, do escándalo das prexubilacións millonarias (das que eles mesmos foron os principais beneficiados) e, entre outras moitas cousas, da fraude das preferentes.

É de xustiza retirar estas distincións!

Non hai mérito académico, científico, cúltural, social ou de calquera outra índole para xustificar o mantemento dos recoñecementos de Honoris Causa a estes dous ladróns. Ningún dos dous estafadores merece nin esta nin ningunha outra distinción.