Fronte a corrupción e a destrucción social e cultural, milleiros de galeg@as berramos na mañá de hoxe nunha manifestación que partíu pasadas as 12:00h da Alameda de Santiago de Compostela.
Un total de catorce entidades nacionalistas, entre as que nos atopamos os propios Comités, convocamos na mañá de hoxe unha manifestación fronte a corrupción, polo dereito ao traballo, aos servizos públicos e á soberanía. Xa que logo, unha mobilización para defender o exercicio da dignidade, da xustiza e da plena soberanía nacional ao pobo galego.
O estudantado unido para liberar Galiza!
Baixo o lema “O estudantado unido para liberar Galiza”, unha comitiva dos Comités, participou na manifestación que na mañá de hoxe percorreu as rúas de Compostela para reclamar un proceso constituínte e de ruptura democrática e, polo tanto, a mudanza dun sistema inxusto que está a provocar unha devastación social e cultural, política e económica.
Podes botarlle un ollo a algunhas das imaxes desta manifestación e da comitiva da nosa organización:















