Os Comités na XIII Asemblea Nacional do BNG

A nosa organización estará presente, como organización convidada na Sesión de Clausura da XIII Asemblea Nacional do BNG que se desenvolverá baixo o lema A forza que Galiza precisa.

Unha delegación dos Comités participará na sesión de clausura da XIII Asemblea Nacional do BNG o vindeiro domingo 29 de xaneiro no Recinto Feiral de Amio, en Santiago de Compostela.

Deste xeito, tanto o Responsábel Nacional de Universidade como o Responsábel Nacional de ensino medio dos Comités formarán parte da delegación que representará a nosa organización na sesión de clausura da XIII Asemblea Nacional do Bloque Nacionalista Galego que se desenvolverá, previsíbelmente, ás 19:30 no Recinto Feiral de Amio (Santiago de Compostela) o vindeiro domingo 29 de xaneiro.