Máis de 13.000 estudantes nas manifestacións de hoxe!

A xornada de folga no ensino convocada hoxe pola nosa organización servíu para amosar o rexeitamento masivo do estudantado galego á LOMCE e ás políticas educativas do Partido Popular. Con máis de 13.000 estudantes nas rúas na mañá de hoxe

Os Comités somos a forza máis votada nas eleccións da UDC!

A nosa organización continúa sendo a organización maioritaria da Universidade da Coruña tendo máis do dobre de claustrais que a segunda forza. Rematado o escrutinio das Eleccións na UDC, os Comités obtivemos un total de 19 claustrais e representación na

Horarios e lugares das manifestacións de mañá

Participa nalgunha das vinte e cinco mobilizacións convocadas na meirande parte de comarcas de toda Galiza para o vindeiro mércores, 6 de febreiro, na folga estudantil contra a LOMCE e na defensa do ensino público.

O 5F Eleccións na UdC. Na defensa da universidade pública e galega! Vota Comités!

Este martes 5 de febreiro hai eleccións a representantes do estudantado na Universidade da Coruña (claustro, xuntas de facultade e escola e consellos de departamento). Os Comités presentámonos a estas eleccións co compromiso de continuar a defender como o levamos

Xa chegaron as primeiras adhesións ao manifesto aberto en defensa do ensino público

Preme nesta ligazón para ter unha información máis actualizada! Diversas organizacións estudantís, xuvenís, políticas, sindicais, asociacións de pais e nais e veciñais xa asinaron o Manifesto aberto en defensa do ensino público, impulsado recentemente polos Comités e pola Liga Estudantil

Debate sobre a LOMCE en Vigo!

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público organiza un novo debate sobre a Lei da Wertgoña, desta volta en Vigo.

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público realizará concentracións contra a LOMCE o xoves 31 de xaneiro

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público ten convocadas para o xoves 31 de xaneiro ás 19:30 h. concentracións nas sete cidades, Carballo, Lalín e no Barco de Valdeorras para amosar o rexeitamento da comunidade educativa e da sociedade

Palestra sobre a LOMCE no Campus da Coruña

Os Comités do Campus da Coruña organizan para os vindeiros días unhas Xornadas sobre a situación Sistema Educativo na Facultade de CC da Educación para as cales solicitamos un crédito de libre elección e ECTS. A primeira das palestras, dentro destas

Manifesto aberto en defensa do ensino público

O pasado 14 de xaneiro, os Comités participamos na presentación do manifesto aberto en defensa do ensino público. Un documento aberto a adhesións e suxestións do conxunto da sociedade galega. As adhesións, colectivas, pódense realizar desde o formulario de abaixo