A PP aproba os Orzamentos malia o rexeitamento unánime da comunidade educativa

O Parlamento Galego aprobou, só cos votos do Partido Popular, uns orzamentos antisociais e que atentan contra os servizos públicos e, nomeadamente, contra o ensino.

Xa está aberta a matrícula para a V edición das Xeiras!

Desde este momento, podes matricularte de balde nestas xornadas organizadas, un ano máis, polos Comités do Campus de Vigo e que, desta volta, serán na sala I do Edificio Miralles do Campus de Vigo (CUVI).

Os Comités manterán a concentración en Filoloxía malia presións da equipa decanal.

A equipa decanal presionou na mañá de hoxe para desconvocar a concentración estudantil deste mércores en contra da desaparición dos graos de Lingua e Literatura Galega e de Clásicas.

Análise sobre os Orzamentos da Xunta e a Universidade

Podes botarlle un ollo ao documento de análise sobre as consecuencias para o ensino universitario dos Orzamentos da Xunta para o 2013. Tamén podes baixalo directamente nesta ligazón.

Concentración en Filoloxía! Todos os graos teñen dereito a existir!

O Comité de Filoloxía do Campus de Santiago convoca unha concentración para o vindeiro mércores, 27 de febreiro, contra o desmantelamento dos graos de Lingua e Literatura Galega e de Filoloxía Clásica.

Adeus aos exames en días de folga no IES Zalaeta da Coruña!

O Consello Escolar do IES Zalaeta da Coruña aproba, por iniciativa dos Comités, un posicionamento para evitar que o profesorado programe ou manteña un exame coincidindo cunha xornada de folga estudantil.

Mañá, mobilización de estudantes de Ciencias Políticas!

Os Comités apoiamos a concentración convocada polo estudantado da Facultade de Ciencias Políticas da USC para mañá, ás 13:00h na entrada da Facultade ante a gravísima situación que está sucedendo na materia de Administración Pública.

Novo calendario de mobilizacións na universidade!

A Coordinadora en Defensa da Universidade Pública vén de presentar un novo calendario de mobilizacións na universidade galega para rexeitar os recortes nos Orzamentos da Xunta de Galiza para o 2013.

18 de febreiro, Día do Estudantado Galego

Nun día como hoxe, 35 anos atrás, morría electrocutado Emilio Suárez Valdés, militante de ERGA (Estudantes Revolucionarios Galegos) nun acto de protesta en solidariedade coas labregas e labregos das Encrobas.