URXENTE! Subirán as taxas até o 66%!

O Ministro de Educación informou ás e aos alí presentes das novas medidas que vai levar a cabo o Goberno. A primeira delas, fai referenza ao incremento das matrículas universitarias para completar o recorte de 3.000 millóns de euros en

Os Comités seguirémonos opondo á Normativa de Permanencia da USC

A nosa organización anunciou na tarde de onte que vén de dar por rematadas as negociacións establecidas desde marzo deste mesmo ano coa Reitoría da USC sobre a polémica Normativa de Permanencia e publica un Comités-Informa cunha ampla valoración do sucedido.

O futuro laboral das filoloxías e a mocidade

O vindeiro martes, 17 de abril, ás 16,30 horas terá lugar unha charla titulada O futuro laboral das filoloxías e a mocidade na Aula 10 da Facultade de Filoloxía da USC.Nela, contaremos coa presenza de Anxo Louzao, Secretario Xeral da CIG-Ensino,

Os Comités apoiamos ao estudantado das ensinanzas artísticas

A sentenza do Tribunal Supremo do 13 de xaneiro do 2012 sobre o recurso da Universidade de Granada en relación coa ordenación das ensinanzas artísticas superiores establecida polo Real Decreto 1614/2009, que declara nulos varios artigos do mesmo, crea unha

Xa está na rúa o número 24 do Manifesto

A nosa organización vén de publicar un novo número do xornal estudantil O Manifesto.Desta volta, no número 24 desta publicación hai diversas análises específicas sobre a convocatoria de folga xeral do vindeiro 29 de marzo.. Como sempre, podes atopar o número

Contexto político, reforma laboral e mulleres

O xoves 22 ás 20 horas terá lugar unha charla titulada Contexto político, reforma laboral e mulleres na Aula Seminario da facultade de Dereito do campus de Compostela. Neste acto falarase da reforma laboral e de como afecta, concretamente, ás mulleres. Neste debate estará  Silvia Bermúdez

Máis actos de preparación da folga xeral. Implícate e acude!

A nosa organización desenvolverá diversos actos por todo o país ao longo desta semana para preparar a convocatoria de folga xeral do 29 de marzo. Anunciamos, a continuación, algúns dos máis importantes. O vindeiro mércores 21 de marzo darán comezo

Asemblea Aberta no campus de vigo

A asemblea aberta para estudantes será na aula C5 da Facultade de Filoloxía e Traducción do campus de Vigo e comezará ás 11:30.

As mulleres e a ciencia!

O vindeiro mércores, 21 de marzo, haberá unha videoconferencia organizada polos Comités deste centro titulada As mulleres e a ciencia coa presenza da física do CERN Patricia Conde (do Laboratorio de Física e Instrumentação Experimental de Partículas, Lisboa / ATLAS). Será ás