Sumámonos á tristeza pola morte de Hugo Chávez

Hugo Chávez

Os Comités queremos expresar desde aquí a nosa profunda tristeza pola morte de Hugo Chávez Frías, Presidente de la República Bolivariana de Venezuela.

Nacido o 28 de xullo de 1954, Hugo Chávez Frías faleceu no día de onte, 5 de marzo, tras sufrir,durante dous anos un cancro e tras ser sometido nos últimos meses a diversas e dificultosas operacións.

Hugo Chávez foi unha peza fundamental na revolución venezolana. Un exemplo de loita para moitos pobos do mundo que loitaron e loitan pola súa soberanía. Un militar venezolano, de orixes humildes, que remataría por ser presidente deste país vencendo, desde aquel enton, as eleccións desde 1998 e iniciando formalmente unha revolución que mudaría a historia do país e de América Latina. Situou a Venezuela no mapa internacional, determinandoa como unha peza estratéxica para a unidade dos pobos de américa fronte ao imperialismo.http://www.comitesabertos.org/wp-content/uploads/2013/03/chavez300.jpg

Persoa fortemente controvertida e, ao mesmo tempo, degradado en múltiples ocasións polos grandes poderes políticos, económicos e mediáticos. Sen embargo, Hugo Chávez foi un exemplo para moitos pobos  que loitan pola súa liberación.

Desde os Comités querémonos sumar á profunda dor polo falecemento de Hugo Chávez e amosar desde aquí a nosa completa solidariedade co pobo venezolano que, de seguro, seguirá a loitar por un mundo máis xusto e democrático.

Chávez deixa de existir fisicamente mais o seu exemplo de loita seguirá na mente de millóns de persoas e, entre elas, na nosa.

Vivan os pobos que loitan!

Viva a revolución venezolana!

Até sempre comandante!