Recitando a Rosalía en Vigo!

http://www.comitesabertos.org/wp-content/uploads/2013/02/recitando_rosalia.jpg

Os Comités do campus de Vigo e e asociación Trabalingua organizamos un recital sobre Rosalía de Castro o vindeiro 28 de febreiro no Bar Cabiria.

Este ano cúmprense 150 anos da publicación da obra “Cantares Gallegos de Rosalía de Castro e, por iso, desde a nosa organización fixemos un chamamento a participar en todos os actos de lembranza do aniversario do nacemento desta escritora fundamental da nosa literatura.

Os Comités e Trabalingua, coa colaboración da Universidade de Vigo, convidámosvos a un recital de Rosalía o próximo 28 de febreiro ás 20:30. Será no bar Cabiria (rúa Afonso XIII, 32):

Animádevos a recitar e homenaxear a Rosalía!