Este domingo día 3 de marzo, ás 12:00 horas, sairá da Alameda de Compostela unha manifestación convocada por diversas entidades, entre as que nos atopamos os Comités, para rexeitar a corrupción e a destrución social e cultural de Galiza.
Baixo o lema “Polo dereito ao traballo, á igualdade, aos servizos públicos e á plena soberanía nacionalgalega. Por un proceso constituínte e de ruptura democrática” manifestarémonos xunto con outras entidades do nacionalismo galego en favor da soberanía para Galiza e pola aposta por un proceso constituínte.
Desde os Comités facemos un chamamento ao conxunto do estudantado galego a participar nestas mobilizacións nas que tamén se denunciará a corrupción e a destrucción social e cultural de Galiza.















